"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra." K. Kavafis
2006/10/31
Os universos literarios

Estes marabillosos anuncios son da libraría Anagram de Praga, non se pode negar que saben ofrecer os mundos que pode agachar un libro.

Vía Capítulo O.
Ferrín dixit
Xosé Luís Méndez Ferrín no Café Tortoni de Bos Aires dixit:“Esa rapaza (pola finalista do Premio Planeta Marta Rivera de la Cruz) quere ser todo, como aquel que na procesión quere estar na banda de música, quere ser Cristo, quere ser santo, que ser o cura... Hai que escoller na vida. A min, na miña vida me invitou ninguén a unha universidade de Madrid por ser escritor galego. Se ela escolle ser escritora en castelán ten dereito a levar o Premio Cervantes e eu non porque non escribo en español. Non vou chorar eu porque non mo dean. Non teño opción: pódeo levar un arxentino ou calquera escritor que use o castelán. Entón queixase. Evidentemente, isto leva detras outra queixa. De feito, hoxe en Galiza toda a vida literaria faise en galego. O movemento poético que existe en Galiza é en galego. O único teatro que se fai en Galiza é en galego. As dúas únicas revistas de ensaio que se fan en Galiza -que son A Trabe de Ouro que teño o honor de dirixir e a Grial de Galaxia- son en galego. Eu estaría ben conforme con poder gañar o Premio Planeta pero eu non o podo gañar porque non escribo en castelán, e ela non pode gañar o Premio Xerais porque non escribe en galego”.
Vía Fíos invisibles.
2006/10/30
Diamantes

Este é o biquini máis caro do mundo, custa 30 millóns de dolares e foi confeccionado con 150 diamantes da máis alta calidade, diamantes Steinmetz. Curiosamente estes diamantes proceden de África, a mesma terra na que nos países máis pobres do mundo (Serra Leona, Níxer, Burkina Faso, Mali, Burundi, Guinea Bissau, etc.), morren de fame milleiros de persoas.
Historias de vida IV: Xosé Neira Vilas
Deixo a cuarta entrega da serie de CulturagalegaTV titulada Historias de Vida, dirixida por Xan Leira, de Acuarela Films, e dedicada nesta ocasión á figura de Xosé Neira Vilas.
Historias de vida III: Raimundo García "Borobó"
Deixo a terceira entrega da nova serie de CulturagalegaTV titulada Historias de Vida, dirixida por Xan Leira, de Acuarela Films, e dedicada nesta ocasión á figura de Raimundo García "Borobó".
2006/10/29
Loy Kratong
Os tailandeses celebran o Loy Kratong, nunha noite de lúa chea honran aos deuses da auga con barquiños que botan nos ríos e lagos. Estas pequenas naves están feitas con flores de loto e follas de bananeira e adornadas cunha candea acendida, flores e incenso.


Tamén nalgunhas zonas acenden milleiros de lanternas voadoras que soltan creando paisaxes luminosas de gran beleza. Sempre os catro elementos, desde a terra pola auga e o lume polo vento.




Vía Faro de Vigo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
