"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra." K. Kavafis
2008/03/11
2008/03/10
2008/03/08
2008/03/04
Debate eleccións xerais 2008
O de hoxe foi un debate electoral diferente, estiven no Blog dos Pelachos nun chat mentres se desenvolvía o programa, foi divertido e desde logo fixo a experiencia moito máis levadeira. Parabéns a Leco pola iniciativa.2008/03/01
Recreando a Hitchcock
A revista Vanity Fair acaba de publicar un cartafol con once fotografías que reproduce con estrelas cinematográficas actuais unha serie de momentos icónicos dos filmes de Alfred Hitchcock. A web da publicación ademais tamén ofrece un pequeno vídeo onde se amosa como se realizaron algunhas das instantáneas. Déixolles aquí tres exemplos.
__________________
Das mans de Julian Broad volvemos a Rebeca, ao Manderley de Rebeca De Winter, onde vemos a segunda señora De Winter (daquela Joan Fontaine e agora Keira Knightley) e a súa terrorificamente fiel ama de chaves, Mrs. Danvers (noutrora Judith Anderson e para esta ocasión Jennifer Jason Leigh).


__________________
No filme A ventá indiscreta, Scarlett Johansson e Javier Bardem convértense en Jeff (James Stewart) e Lisa (Grace Kelly) grazas a Norman Jean Roy.


__________________
Art Streiber fai que George Kaplan (antes Cary Grant, agora Seth Rogen) fuxa de novo en North by Northwest.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



