Que desalento cando marchas de min coma un cowboy solitario.
"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra." K. Kavafis
2007/07/06
2007/07/05
100 anos de cine USA
Hai tempo atopei en Mensaxe nunha botella este vídeo que resume en imaxes 100 anos de cine norteamericano.
E ti cantos filmes recoñeces?
Advertencia: É moi, moi, moi adictivo.
Aquí a listaxe de todos os que saen.
2007/07/04
Seguidiñas
Consulto as últimas noticias e atopo:- O lixo de Paris Hilton vendido por máis de mil dólares en eBay.
- Arriba a Tenerife unha patera con 37 subsaharianos, dous deles mortos.
[Fotomontaxe de X]
Film lovers will love this!
A montaxe publicada pola UE na súa canle de Youtube para apoiar o cine europeo tampouco é nada extraordinario publicitariamente falando, pero visto que ultimamente hai tanto mexericas con ganas de criticar unha vese na obriga moral de aplaudir unha iniciativa que de principio lle parecería bastante mediocre.
2007/07/03
Exipto contra a ablacion de clítoris
2007/07/02
Papoulas
2007/07/01
Juan Diego
Con Juan Diego teño una relación longa no tempo, si, si, moi longa, aínda que teño que recoñecer que foi intermitente, mais sempre fiel.Primeiro alá, naqueles anos da miña adolescencia, atrapoume a través da personaxe de Jano de Segunda Enseñanza. Realmente esa serie de televisión enganchoume a el e a Oviedo, una cidade da que logo namoraría a través da Vetusta de Ana Ozores e á que gosto de ir de cando en vez para lle facer unha visita ás paredes do Santullano e simplemente pasear. O bo de Oviedo é que non precisas de atractivos extraordinarios para gozar, abonda con que a cidade te acolla.
Anos despois veu aquel señorito Iván de Los santos inocentes e aquela escena cando mata sen a máis mínima piedade a Milana bonita de Azarías, lembro a música perfectamente e aínda me estremezo.É que a el sempre se lle deron ben os retratos dos opresores, e para mostra o seu Franco de Dragon Rapide, por idade non podo lembrar como era o ditador pero como el o interpreta é como eu o imaxinaba.
Comprácenme as novas enrugas, vanlle ben, igual que a cute imperfecta e esa voz augardentosa que promete amores canallas.Ai, Juanito, Juanito...
*Outro día falareilles do outro Juan Diego do filme, si, o neno bonito, o Botto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


