Páxinas

2007/03/06

A vida dos outros

Un filme fascinante. Unha mostra fermosa de como na vida non facemos outra cousa que dar voltas nas escalas dos grises porque, ao final, nada é branco nin negro.

2007/03/04

Campaña de animación á lectura 09

A lei do silencio

Onte, desganada, zapeando, e na 2 aparece un descoñecido Terry Maloy que me rescata dun traballo do que non apetezo. Lévame a atravesar con el, case caendo, as portas duns estaleiros e ponme en paz cunha realidade da que cada vez renego máis.

2007/03/02

María Antonieta

Vestiario espectacular, perruquería lindísima, espazos de ensoño francés e un filme soso, soso, soso...

A curvatura dos hemisferios

A estas alturas non imos descubrir as Américas pero se queres volvemos comprobar a curvatura dos hemisferios.