Hai uns días
Kaplan convidábame a indicar tres motivos polos que me exiliaría de España. Este xogo aparentemente sinxelo ao final resulto non ser tan simple, o caso é que velaí van os tres motivos polos que me exiliaría de Galicia que é a onde pertenzo:
1) Porque non aturo esta situación de conflito lingüístico que cada vez me causa máis sufrimento e frustración.
2)Pola pouca querencia do propio dos seus habitantes, actitude que adoita ir unida a un certo papanatismo acomplexado. Xa o di o refraneiro: "A vaca da miña veciña sempre dá máis leite cá miña".
3) Pola falta de responsabilidade, de compromiso, ao final mesmo falta de ilusión que te atopas nas diferentes facetas da vida da xente e que o vai tinguindo todo de gris. Realmente esta terceira razón supoño que sería tamén válida para me exiliar de moitos outros sitios.
(Deberes feitos, non esqueza apuntarme o positivo no caderno de notas.)