E veu a pandemia, e trouxo a fame.
Coma animaliños asustados permanecemos cada un no seu tobo do que asomabamos para ver as ambulancias, a policía, o deserto da beirarrúa...
E ti, que había de ser de ti? Seguirías vivo? Miraba as noticias só para descartarte.
Segundo pasaban os días ía perdendo o osíxeno e viña aparecendo a fame, unha fame que comezou a ferverme por dentro, que se foi alimentando das túas lembranzas para medrar.
E alí, dentro, onde só ti chegaches, invadiume a fame, unha fame neghra de ti.
2 comentários:
Pero chegou un día e a pandemia desaparecera, e houbo noite e mañá, día primeiro.
Todo isto será algún día un mal recordo, e chegaremos a non crer que teña ocorrido.
Saúdo desde unha Ithaca que mudou as coordenadas.
Esta noite fixen unha descuberta necesariamente muda.
Postar um comentário