Abro a porta e inspiro a mestura dos recordos.
Cerro os ollos para dende a cegueira poder verte máis.
Voltar en cada nota a ti.
Hoxe eu só son os teus recordos no meu corpo.
Toda eu convertida nun eco nostálxico do pasado.
E desexo saber bailar etérea,
facer o aire, os obxectos alleos que fixemos nosos, o po dos anos... meu,
apreixar o espazo todo cos brazos abertos
cos ollos abertos
co riso aberto
coma naquelas mañas furtivas
cando te acolleron inmensos e libres.
Voltar á casa das sensacións doutrora
as que alimentamos
as que afogamos
as que matamos
Voltar
a ti.
Nenhum comentário:
Postar um comentário