Páxinas

2019/12/14

Ritornare




Abro a porta e inspiro a mestura dos recordos.
Cerro os ollos para dende a cegueira poder verte máis.
Voltar en cada nota a ti.
Hoxe eu só son os teus recordos no meu corpo.
Toda eu convertida nun eco nostálxico do pasado.
E desexo saber bailar etérea,
facer o aire, os obxectos alleos que fixemos nosos, o po dos anos... meu,
apreixar o espazo todo cos brazos abertos
cos ollos abertos
co riso aberto
coma naquelas mañas furtivas
cando te acolleron inmensos e libres.
Voltar á casa das sensacións doutrora
as que alimentamos
as que afogamos
as que matamos
Voltar
a ti.

2019/07/01

Igual que un río



Mares de peligro que nos hacen sentir vivos  
Mares locos, mares puros, mares cálidos
...
Igual que un río voy a tus caderas Y me pierdo en la corriente que nos lleva

E o xenio da lámpada dixo:
- Tes dereito a pedir un desexo.
E eu dixen:
- Non me digas aínda onde leva a túa corrente.

2019/06/01

Cumprindo 13



Disque a comparativa entre a idade dun can e a dunha persoa é de 7 a 1. Cal ha de ser a relación da idade dun blog?
A Selva cumpre 13 anos porque si, porque me peta e porque non me dá a gana de pechala aínda que nos últimos anos sexa unha doente en estado crítico que se nega a morrer polas boas.
E hoxe para celebralo voute levar de novo á mesma ventá do mesmo cuarto do mesmo hotel para poder ver o solpor dende a cama mentres te cravas en min e logo brindar porque a adicción permaneza.