O momento tantas veces previsto, imaxinado, planificado, a
caixa arrastrándose á súa derradeira misión, minutos escasos en que o operario
do lugar provisto de pistola de silicona sela a tampa estendendo a súa escuma de
pasteleiro, e ese rascar da paleta que se che mete polos
oídos. Unha punzada aguda na gorxa que afoga, que doe, vista ao ceo e ti que non
queres, que non, que non había ser así, pero todo pasa por diante dos ollos que
loitan contra as bágoas porque ao final, o corazón manda, a vida foi moi longa e antes da ruptura
houbo bos momentos imperecedoiros que sempre han estar aí porque, maldita
sexa!, eu tamén te quixen.