Páxinas

2016/11/17

Mañá continuaremos a partida

I’m your man 
If you want a lover 
I’ll do anything you ask me to 
And if you want another kind of love 
I’ll wear a mask for you 




Oh Leonard, fuches todos os amantes nun único amante, décheslle novas dimensións ao noso xogo favorito e fixéchesme crer que me escribías só a min. Noutrora, cando fai dez anos criamos que paseabas por esta selva, a túa voz serviu para iluminares a aqueles que duraron moito menos ca ti, ignorantes uns, torpes outros, noite tras noite deixaban que foses ti o que ficaba na cama borboriñando na miña orella ata a madrugada. Agarda por min, mañá continuaremos a partida.



6 comentários:

Anônimo disse...

Eis a hemeroteca, que nos lembra o que dixemos que seriamos e ainda non somos

X disse...

Dez anos, coma quen di, nada.

Chousa da Alcandra disse...

Que a perda foi grande non o imos dudar; pero non teña présa por continuar agora con el a partida. Recréese vostede nas que xogou aqui...

(Un matiz pequerrechiño: cando teña tempo mude o link a ProLingua como http://prolingua.gal ; nunha destas o punto org pode deixar de furrular)

X disse...

Fareille caso no da recreación, en canto ao link, xa está actualizado, grazas polo aviso e saúdos.

Paz Zeltia disse...

Algún outro cantante e compositor que me acariñou a orella coa súa música ou as súas palabras, marchou outro ano. Pero ningún como Leonard... inda sigo enchendo o coche de nostalxias a través da súa voz.

Javi disse...

Saudos, bandinianos.
A Leonard levarémolo siempre no corazón.