Publicación de Velis Nolis. |
Como unha emigrante retornada
despois de tempo fóra volvo aos lugares comúns por ver canto eles cambiaron mais
tamén, no fondo, para comprobar que o que admirei, segue aí, agardando por min
para me devolver á paixón do pasado.
O emigrante leva canda si un reloxo interior en forma de saudade
sempre parado no minuto en que os seus ollos abandonaron a casa e permanece aí,
no corazón, todo o tempo que sexa necesario para volver a funcionar no intre en
que volve, e nesa ollada a nova realidade superponse á da lembranza e sabe agre
o tempo perdido.
Peto:
sería egoísta agardar que os
demais non tivesen marchado, non si?
2 comentários:
Sobrevivo, si e tamén a min me gustaría que as cousas seguisen como antes pero todo evoluciona.
Tamén fun emigrante retornado e ese tempiño fóra fixo que perdese contacto co que había aquí e que o momento conxelado non fose así.
Graciñas polo comentario do aniversario: tiveches unhas palabras mui amables comigo.
Sigo.
Un pracer volver a establecer contacto.
Ando a ver se participo no seu meme das 6 palabras.
Saúdos.
Postar um comentário