Case dous meses nun chanzo máis de abandono progresivo da Selva.
Tiña ganas de facer unha entrada e dar conta de que sigo viva pero cada vez custa máis subirse aos tacóns e pasear pola Selva.
Neste tempo estiven adestrándome nas disciplinas de dicir non, de mirar máis aló de min mesma, de repensar en plural e de dominar medos. Demasiado ambiciosa, seino, pero non daba decidido por onde empezar e fun a por todas. Ao mellor acabo como eses alumnos de primeiro de carreira, que despois de nove meses de xoldra e confraternidades varias, acaban afogados en setembro por quitar unha materia, a que sexa, pero capaces de matar con tal de conseguir un aprobadiño que lles permita manter a súa privilexiada condición de estudantes universitarios.
Fóra diso, que non é pouco, a Selva bota de menos a miña frescura, a creatividade, o entusiasmo, o pracer, e tamén, por que non dicilo, a reciprocidade duns paseantes infinitamente fieis.
E cine, moi pouco, pero diso darei conta noutra entrada.
8 comentários:
Pois benvida sexa logo.
(Que difícil saber dicir non, e que necesario!)
Boas ocupacións, polo que vexo. iso está ben. Cando queira, falamos destes temas.
E logo de aprobar esa materia, ao mirar atrás, non foi un curso magnífico?
estarei atenta ás túas recomendacións cinéfilas.
e si non pode camiñar con tacóns, non os poña e asunto rematado.
biquiños,
Fumador Impostado doulle a benvida á Selva.
Grazas aos catro.
a fidelidade parece que non existe nin nos paseantes...
éche o entusiasmo o que falla: con el ven todo o demais e ata deixa de importar se hai fidelidade ou non. Pero todo queima, cansa, deixa de ser satisfactorio e, por que conformarnos, por que non probar outros xeitos.
Pero a min gústame vir pola selva.
Qué nos levará a abandonar os blogs? Eu quero ó meu tanto como a moita xente. E aí está, morrendo.
Poderei resucitalo?
Estimada noa,
lembro ter lido algunha que outra vez no seu blog. Un saúdo.
Postar um comentário