Páxinas

2011/02/20

Voyeur

Ilustración de Paula Marco.

Estableces as túas regras, exhíbeste ata onde queres e condénasme a simple voyeur, nun papel submiso onde o dereito á palabra me está vedado. Non podo decidir, nin reclamar, nin opinar, nin tan sequera pedir. E eu, sempre rebelde, asumo agora obediente, e colócome no único lugar que me está permitido, embriagándome do pracer de ver esa parcela mínima que da túa realidade me amosas.

7 comentarios:

Voz en off dixo...

Gustoume moito.

X dixo...

Grazas.

Chousa da Alcandra dixo...

Madia leva terlle gustado,
xa que está moi ben contado.

X dixo...

Chousa, canta xenerosidade!
Grazas
:)

Calidonia dixo...

Vostede merece ver todo e máis.

Unknown dixo...

non vou ser moi orixinal no comentario, a verdade... pero encantoume! (e a ilustración é xenial)

X dixo...

Calidonia, poderosa resposta.
Noa, pásame moitas veces, o que paga a pena é a ilustración.
Saúdos aos dous.