Hai un tempiño Bandini publicaba isto:
"También me apetece comprar un jersey de cuello alto y volver a fumar en pipa, como cuando tenía veinte y llenaba de humo el paraíso perdido"
Dende aquela levaba aquí gardado en borrador e de cando en cando volvía a estas poucas palabras e cada vez me traían máis o sabor da melancolía dese paraíso perdido. Volvía a gardalo esperando que algún día se me ocorrese algo digno delas para sacalas de paseo pola Selva, pero despois de tanto tempo, apetéceme compartilas sen máis.
Porque resulta que hoxe sinto saudade e quero compartir a beleza e lembro aquela tarde en que me ensinaches a diferenza entre tres tipos de tabaco de pipa naquel laboratorio caseiro en que converteras o teu armario cheo de botes herméticos e latas e panos cos que coidadosamente acariñabas e lustrabas cada unha das pipas da túa colección. Aínda me pregunto que mans lle terían dado forma a aquela bela pipa de escuma de mar turca, pero a miña favorita sempre foi a Savinelli. Non cha aceptei cando ma quixeches regalar porque sabía que era especial para ti e, sabendo que fixen ben, lamento non tela comigo. E lémbrome na butaca coas pernas colgando, a música no tocadiscos e o fume da túa pipa cruzando o aire por riba da miña vista en formas que ti inventabas para que eu tivese que improvisar historias.
Lembro o olor penetrante, o do tabaco, e o teu.
3 comentários:
Que ben escribes, Selva. Que ben escribes.
que ben escribides os dous, ti e mais él.
¡¡canta añoranzas e amor nas tuas palabras!!
biquños,
Moitas grazas aos dous.
Postar um comentário