Xa dicía algún paseante da Selva que non había ser capaz de resistir a tentación, pois si, acertou. Perfumes atraentes de esencias intanxibles, libros interesantes, programas adictivos, prendas diversas de se poñer e quitar, complementos varios, cremas milagreiras para evitar o inevitable e mesmo un cefalópodo hortera acabaron pasando pola miña casa, algúns só para permanecer agardando a visita real e outros na procura de papel e lazos que os fixesen máis atractivos no camiño deses tobos onde han atopar mellor destino.
Sucumbir, sucumbín, mais foi pracenteiramente, e iso, queridos paseantes, seguro que ten algún tipo de bonificación celestial.
4 comentários:
Sen dúbida ha de ser así.
Que teñas un bo 2011!!!
Discrepo.
Non se pode repenicar e máis ir na procesión.
(Eu tamén gosto das deses perfumes. E se hai que arder na caldeira por elo árdese!)
pero aínda que non tiver bonificación sucumbirís igual ¿ou non?
biquiños,
Aldabra
Grazas Raposo.
Chousa, non discrepe, sempre hai que aspirar a TODO.
Aldabra, pois claro que había sucumbir ;)
Postar um comentário