Perségueme unha crise que non hai fondo mundial que lle dea solución, ao bordo da depreciación monetaria cada vez cotizo máis á baixa e hai tanto tempo que non visito a Selva que me parece doutra muller que xa non son eu.
Fago oposicións a corentona-de-libro e xa esquecín o camiño de volta.
Mentres hai quen
volve ao seu paraíso de verán,
recupera para si os lugares da nenez,
airea a nosa economía, lle
quita o corsé ao desexo,
se reproduce e
saborea solpores de antigos imperios, vaise achegando demasiado lentamente o tempo de cobrar esas vacacións pendentes. É tan incerto todo que a conta atrás asusta.