Páxinas

2010/06/20

Intimidades alleas



Podo apreciar ese minúsculo aceno da túa boca cando te bica na caluga porque nunca lle dixeches que che estarrece o corpo todo. Vexo cando abres a neveira con bulimia mentres está diante do portátil na sala. Sigo as túas carreiras pola casa para esconder o xoguete, ese que nunca compartes. Sei onde agachas esoutro móbil que só acendes cando tes toda a casa para ti. Comprobo contigo cada noite o seu historial de navegación e contigo, o contido do seu bolso. Divírteme cando recibides a eses amigos vosos que beben tanto, e rin tanto, e se tocan tanto, e se bican tanto, e acabades follando na cociña en canto marchan mentres eles o fan no voso portal. Adiántome ás vosas discusións por como pousades as chaves ao chegar á casa ou por como facedes o café polas mañás. Asexarvos permitíame saber de cada un de vós cousas que o outro ignora ata que esta mañá deixastes un convite para cear na miña caixa de correo.

4 comentários:

Ra disse...

Me encanta.

Chousa da Alcandra disse...

Cazador-a cazado-a?

Maribel-bel disse...

Nese intre, remata todo o misterio sen resolver. E mirando a outra ventá???.. Hai miles de vidas esperando ser contadas. Bico

Paz Zeltia disse...

vaia, eso sí é unha ventá indiscreta, e non a outra