Páxinas

2010/01/18

De aquí á eternidade (From here to eternity)



O director, Fred Zinnemann, conseguiu con esta obra un dos seus catro Oscars, neste caso o Oscar a mellor director. Baseouse na novela homónima de James Jones, este escritor é tamén o autor doutras dúas novelas levadas ao cinema, A delgada liña vermella de Terrence Malick e A filla dun soldado nunca chora de James Ivory.


Trailer orixinal da película de estreada en agosto de 1953.


Escena do bico na praia de Halona Cove en Hawai entre o sarxento Milton Warden (Burt Lancaster) e Karen Holmes (Deborah Kerr), a dona do capitán Holmes (Philip Ober). Curiosamente nin Lancaster nin Kerr obterían ningún Oscar e quen si que se faría cunha estatuíña sería Donna Reed, premiada co Oscar á mellor atriz de elenco.


Escena do toque de silencio do soldado Prewitt (Montgomery Clift) polo seu amigo Maggio (Frank Sinatra) morto.


Capítulo de 50 películas que hay que ver antes de morir dedicado a De aquí á eternidade.


Aquí podes ler un artigo interesante de Carlos López-Tapia sobre a película.

Podes ver todo o filme en versión orixinal en YouTube na lista de reprodución de WittoWed.

Clasificación selvática: 8 (Tes que vela).

Um comentário:

Chousa da Alcandra disse...

Argumentaches moito e ben; pero o mellor foi o final: "tes que vela". Razóns de peso.