Páxinas

2010/01/31

O amante

Un filme para rematar ben a tarde.
Só temos un problema, de onde vas quitar un chófer uniformado de branco que me abra a porta?


A clasificación selvática terá que agardar a que teña oportunidade de acabar de vela.

Ultimamente

[Fotografía de Juliana Coutinho]
Ando:
- Experimentando coas novas tecnoloxías.
- Rematando traballos pendentes.
- Roubándolle horas ao soño.
- Facendo un curso.
- Reestruturando as relacións familiares.
- Arreghlando o país.
- Coñecendo xente.

2010/01/19

o 21 FOLGA e todos a COMPOSTELA


Deixemos as aulas baleiras o día 21

que queden nelas os que non queren ser de ningures e o noso silencio, porque a nosa voz estará en Compostela berrando
coa
na
pola
nosa lingua.

2010/01/18

De aquí á eternidade (From here to eternity)



O director, Fred Zinnemann, conseguiu con esta obra un dos seus catro Oscars, neste caso o Oscar a mellor director. Baseouse na novela homónima de James Jones, este escritor é tamén o autor doutras dúas novelas levadas ao cinema, A delgada liña vermella de Terrence Malick e A filla dun soldado nunca chora de James Ivory.


Trailer orixinal da película de estreada en agosto de 1953.


Escena do bico na praia de Halona Cove en Hawai entre o sarxento Milton Warden (Burt Lancaster) e Karen Holmes (Deborah Kerr), a dona do capitán Holmes (Philip Ober). Curiosamente nin Lancaster nin Kerr obterían ningún Oscar e quen si que se faría cunha estatuíña sería Donna Reed, premiada co Oscar á mellor atriz de elenco.


Escena do toque de silencio do soldado Prewitt (Montgomery Clift) polo seu amigo Maggio (Frank Sinatra) morto.


Capítulo de 50 películas que hay que ver antes de morir dedicado a De aquí á eternidade.


Aquí podes ler un artigo interesante de Carlos López-Tapia sobre a película.

Podes ver todo o filme en versión orixinal en YouTube na lista de reprodución de WittoWed.

Clasificación selvática: 8 (Tes que vela).

2010/01/04

Carta aos Reis Magos de Oriente


Como seguro que o esqueciches, escribín por ti a carta aos Reis Magos:

1 - Unhas sabas crúas de Frette para que todo sexa tan suave como a pel.
2 - Uns xeos corporais aromatizados de Kenzoki (a unique product to use along or with your favourite person) para derretilos entre nós.
3 - Un ipod touch gravadiño por detrás co verso de Kavafis (amada sensación, volve e tómame) e dentro o disco Viatge a Ítaca de Llach e unha foto para permanecer.
4 - Un bote de The rain cocoa de Chocolat Factory para cando desexes ser lambido ou queiras ser larpeiro do meu corpo.
5 - Un planisferio para que che invente unha historia diferente no ceo de cada noite.