54 entradas en fase borrador (a máis antiga agarda ver a luz desde 2006).
Tipoloxía:
- Unhas son son como tempos a medio vivir, algo houbo pero no seu momento non foi o suficientemente intenso ou apremante como para facer agromar un post do meu gusto.
- Outras son o resultado dunha aplicación da autocensura no último momento, que tampouco unha o vai ir contado todo por aí.
- Bastantes son entregas pendentes da campaña de animación á lectura, pero claro, hai xa tantas campañas de animación á lectura!
- Algunhas falan de filmes que xa nin lembro.
- Tres, que teñen xa moito tempo, van do pequeno/minúsculo/ínfimo blogomillo.
- Varias falan delas e deles.
- Un par delas poden chegar a ser boas ideas.
- E algunha, fala de ti en silencio.

3 comentários:
Son moitos borradores de "dios". Unha idea pode ser publicalos, sen máis.
Boas festas!
Si, a verdade é que son unha morea deles.
:)
Nom tanto, mas quase aí lhe andamos.
Postar um comentário