De hoxe non pasa que abra as ventás e airee un pouco a Selva. Ás veces a vida vai lenta, tan lenta que un non percibe se hoxe aínda está nun onte que se fai o remolón. Mais estas semanas son más ben vertixinosas, acumúlanse as cousas pendentes, pendulo entre praceres e obrigas, déixome levar e logo non me chega o día a nada, nin o día nin a semana me chegan a nada. Teño unha permanente sensación de estar en débeda con todo o mundo, cos amigos, coa familia, comigo mesma... como se tivese con eles unha débeda histórica de anacos do meu tempo que non acabo de saldar.
E agora desculpen, pero teño que seguir ordenando este caos de mesa, si, non lles hai mellor técnica para matar os remordementos de non facer o que un tería que estar facendo que poñerse a ordenar a mesa.
E agora desculpen, pero teño que seguir ordenando este caos de mesa, si, non lles hai mellor técnica para matar os remordementos de non facer o que un tería que estar facendo que poñerse a ordenar a mesa.
7 comentários:
A min chegábame xullo coa mesa feita un verdadeiro caos. A mediados de mes collía forzas suficientes para ordenala, e que gusto daba vela tan relucente.
The story of my life...
:)
O de limpar a habitación e a mesa de escreber funcióname para ordear as ideas ou para calmarme cando estou encabuxado: será o efecto adictivo do Pronto?
Onte abrin as ventás e aireouse toda a casa
Hoxe vou ver de ordenar a mesa e limpar todo o pólen.
E do pouco que dura a orde, que me di?
Eu ordeo a mesa pero cando regreso ao día seguinte teño máis trapallado que antes. ánimo. un bico
Ummm
Como me gustan as súas visitas!
O de poñer en orde a mesa é como unha terapia para nos poñer en funcionamento.
Efectivamente, Vakastolas, pouco dura, pero mentres dá un gustazooooo
Saúdos a tod@s.
Postar um comentário