Páxinas

2009/03/18

De ovos e fariña

Ía o venres camiño do súper polo recuncho entre as montañas e despois de varios centos de metros decateime de que levaba un bo anaco esquivando cascas de ovo e algún paquete de fariña. Si, as tradicións están moi ben pero estragar ovos desa maneira parece unha soberbia desas que anoxan ferozmente aos deuses do Olimpo, os froitos da terra tratados desa maneira...

Estaba Demeter sentada contemplando o solpor desde un deses cumes que se ven entre os edificios cando viu a desfeita polas rúas.
Anoxada mandoulle un sms a Zeus para que viñese decontado, o deus dos deuses estaba fóra de cobertura.
Demeter colérica chamou a Hera para ver se estaba con ela.
- ola, ond andas?
- tou n xulghado, n1 voda xlo civil, k krs?
- anda o zus kontigo?
- non, non tño nin idea de ond s mteu, andach moi raro, agora o tio pons fora de kobrtura e os d+ a sprar. xa ll val. sguro k anda kon outra x ai, paso dl. k krias?
- Stou suprkabrada
- e lg? k ch pasou?
- os do kurruncho andan a tirar comida polas rúas
- Jodr, komo s pasan. Dillo a Zus e k lls mand unha morea de raios.
- Xa o chamei, sta fora d kobrtura, x fin, aí ven Zus, deixot, xa ch direi, bks
- deik
E chegou Zeus onda Demeter para ver que lle quería:
- Ond t mtichs? Levo aki 4 horas sprandot!
- Oes, k tño + kousas facr. Ad+ apura k tño prsa, k xa stou ata os kollons de tantos duss paki e pali todo o puñtiro dia.
- Val, non t moskees, mira k os do rekuncho levan todo o dia tirando komida polas ruas.
- E k krs k ll faga?
- jodr, pois s ti non fas nada non sei kn o vai facr. Non sei, mandalls unha boa trboada, dsas das túas k kdn sn ntroido.
E quixo Cloto que por alí pasase naquel momento Dionisio.
- Hom Dioni, vas d ida ou ainda vs d volta da d ont?
- cala hom, cala, k vou malismo, k ont m mtron d garrafon e tño k ir polo supr a x acuarius k non aguanto do stomago
- Pois s vas polo supr vai con ollo k tñn todo feito 1 mrda, staballo kontando aki ao Zus para k lls nvie 1 trbon e os deix sn ntroido
- tia ti alucinas, komo imos kdar sn ntroido! non ves k dspois vn a puta korsma.

E, entre unhas cousas e outras, ao final, non comprei a fariña para as orellas.

8 comentários:

Peke disse...

Moi bo, si señora, moi bo. :)

X disse...

Pois non lle vou levar a contraria :)
Moitas grazas.
Bks

sihomesi disse...

Recordame unha revisión dos mitos gregos na California actual que fixo P.J. O'Rourke en "Conduciendo drogado a toda velocidad". Moi bo.

X disse...

sHs, lamentablemente non coñezo nin o autor nin a obra. Grazas polo comentario e aproveito para lle dar a benvida á Selva.

Anônimo disse...

e logo cando te mudaches?

Anônimo disse...

Disfruteino moítisimo. Os deuses non son moi diferentes dos humanos, e sempre fora de cobertura...

Ana Bande disse...

jajajajajaja!

X disse...

Aultre Narai, xa hai uns meses.
Vakastolas e Ana Bande, moi satisfactorias para min as súas reaccións.
Tres saúdos.