Páxinas

2009/01/25

5000 anos

Fai 5000 anos en Mantova quixemos morrer nunha aperta eterna. Quizais foi unha noite de friaxe insoportable na que nin os nosos corpos entrelazados puideron aquecer. Ou foi a fame despois de duras xornadas buscando algo que levar á túa boca e logo á miña, cando caemos rendidos abandonándonos ao destino. Talvez foi a sede tras xornadas de sol abrasador fuxindo que queimou tantos os nosos beizos que nos doeu ata aquel mínimo beixo de despedida. Se cadra foi que quixemos rematar xuntos para sempre naquela noite estrelecida de verán, para así apertarnos docemente por sempre.

11 comentários:

Anônimo disse...

Certamente cada apaixoante achádego protohistórico encerra unha historia certa e moita posibles, como tan lúcida e delicamente amosa vostede neste maravilloso post. Parabéns (dun que a sigue dende hai moito, ainda que non asome moito o fuciño).

paideleo disse...

É inevitable non caír en suposicións marabillosas mirando esta imaxe. Ata a morte non semella tan fría.

Torreira disse...

Brindo polos petos enchidos de posts coma estes señora de esmelle.Bico

Peke disse...

Bicos. Ves como volven? ;)

Chousa da Alcandra disse...

Vistos así hoxe...da case gustiño; pero daquela debeu ser unha desgracia de moito carallo.

Ra disse...

Ahora deberían dejarlos otros 5000.

Abrazo, Dona X.

Anônimo disse...

É a imaxe que nos toca as emocións máis profundas e aínda así sentimos un pouco de desconfianza. Canto dura o amor?

Bandini disse...

es una canción cojonuda. el amor puede durar 5 minutos o 5000 años supongo.

salud

Anônimo disse...

Quizais foi o comezo dunha conversa que aínda non rematou...

Saúdos, X.

Marinha de Allegue disse...

Encantoume o post!!!.

Unha aperta grande X.
:)

X disse...

Moitas grazas a tod@s polas súas reflexións e animosas palabras. Saúdos.