Páxinas

2008/04/16

Un deses putos días


camila gertne, orixinalmente cargada por Denis Gustavo.

Pois teño un deses putos días con necesidade de arma de fogo para aforrar palabras. E teríame cargado a dous: un pola mañá de varios disparos, con ensañamento, por puto cabrón maleducado; e outro horas despois, dun só disparo, por maldito cabrón que sabes como facerme dano.

E logo teríame pegado un tiro, na tempa, que así non vexo o canón. Si, na tempa, por paspana, por non ter mandado á merda ao primeiro e por non ser quen de converterme en balsa de aceite cando chegan as túas tormentas.

Pero como non vivo nos EUA e non teño a arma no maleteiro do coche veño aquí e disparo palabras, que para o caso non é o mesmo pero fai por vez.

10 comentários:

Torreira disse...

Encantoume...

X disse...

Sorpréndeme, case fai o comentario antes de que eu rematase o post.

From Hell disse...

"como me gustan las chicas malas..." jajaja.
Eu teño eses días cada dúas horas.
Soltarse e liberarse é importante e senta ben ao corpo. Noraboa por entrar na nova relixión...;-)
a coidarse..

La queue bleue disse...

Pois, si, minha filha. Cantas hóstias se perdem nesse mundo!

paideleo disse...

Xa haberá días millores.

Anônimo disse...

as palabras din máis e non fan tanto ruído coma as balas.

Anônimo disse...

ufff! visto como anda o patio, non sei se me atreverei a dicirlle que espera un meme por vostede en ithaca, en fin, paciencia.

X disse...

Grazas a tod@s.
Doulle a benvida á Selva, Manel Vázquez.

Chousa da Alcandra disse...

Unha moi boa metáfora.
Os disparos semánticos non precisan silenciador.
Saúdos dende a Chousa para a Selva.

X disse...

Saúdos sempre desde a Selva para a Chousa :-)