Páxinas

2007/09/20

Interminable

Pásanse os días na estrada, mirando de non pasar dos 133, mirando de non morrer contra unha cortina traidora de brétema, mirando de ter a tarxeta preparada para pagar todas as peaxes con celeridade, mirando de non durmir de tanto contemplar esa banda gris que vou devorando quilómetro a quilómetro, mirando de que pasen os días.
E bótote de menos nesa cama perfectamente feita ao outro lado da mesiña de noite. E boto de menos as túas visitas á miña cama e os xogos divertidos no leito estreito. Que horribles son os hoteis cando un non está de vacacións!
Subo e baixo rúas pendentes, súo, sufro resignada este verán interminable agardando que por fin caia por min unha chuvia piadosa.

17 comentários:

Anônimo disse...

Din que a partir de mañá (quizais) empeora o tempo. Eu son de sol, mais acepto de boa gana esa chuvia piadosa durante uns días se con iso vostede colle folgos.
Un saúdo, xa era hora.

paideleo disse...

Pois eu quero que aguante ata finalizar a vendima polo menos.
Espero saibas perdoarme.

Anônimo disse...

Si, eu tamén quero chuvia, pero... están tan lindas as mañás...! :)

Fada Branca disse...

Cada vez que chove e algo incrible, encantame

Raposo disse...

Que chova, pois, que chova a cántaros. E síntoo polos da vendima.

Torreira disse...

Acelera,pega un chimpo da cama estreita,asómate a fiestra,colle aire,vive...bicos

Mrs.Doyle disse...

Bendita auga...

torredebabel disse...

aqui tivemos chuvia abondo para compartila.

LALELO disse...

Os camiños e es peaxes son bonitas cando son as experiencias da vida se vivindo temos que pagar unha peaxe nunha autopista capitalismo do estado pues tragamos e punto o rollo e vivir a vida con respeto e sen paranoias racistas, eu persoalmente son fillo de emigrante e coñezo as peaxes ou polo menos algunhas da puta vida e prefiro sufrir pagando que vivir a vida bonita sen coñecer a peaxe.
Un bico e un arrechuchun, miña nena ou neno.

Ana Bande disse...

Si coa choiva esvaeceran as arañeiras e se caeran tódalas bágoas xuntas pagaría con gusto unha peaxe aínda que fose a derradeira...

Anônimo disse...

Que chova e que chova fría e que nos calme todas as feridas e nos arrefríe os odios e as tristuras.

Anônimo disse...

Xa choveu...

Elianinha disse...

Polo menos non tes que facer a cama

fisiologus disse...

es agosto aun allí? es agostamiento?

Torreira disse...

Tárdasme muller da selva...

Anônimo disse...

Non sei como hai xente que vive nos hoteis, co deprimente que son cando un está so. Ánimo e desexo que o calor regrese pronto no teu leito.

X disse...

Doulles á benvida a fada branca e a lalelo, para eles e para os demais amigos da Selva de Esmelle cordiais saúdos.