Páxinas

2007/08/23

Eses pequenos detalles...

Chove nesta noite de verán estraño, chegando á casa vexo a sombra proxectada na rúa, só ela segue sendo igual. Só a miña sombra é a mesma que daquela, cando a ninguén se lle ocorrería dicirme que levo un peiteado xuvenil. Son eses pequenos detalles que, de balde e sen pedilos, che dan labazadas de realidade.
[Fotografía The big shadow de SheilaTostes]

5 comentários:

paideleo disse...

Chove ?. Por aquí fixo sol e calor.
Ti aínda terás peiteado de nova pero outros case nin temos.
Graciñas polo piropo.

Anônimo disse...

O importante é que a chuvia non lle desfaga o peiteado, vexo que leva paraugas. Ben.
Os demais... tamén irán algún día á perruquería. Outros non. E chovera sobre todos eles.
Apertas solidarias, os temas do pelo son algo moi serio tamén para min.

La queue bleue disse...

Pois som. Seriosíssimos. A sério. Eu tb tenho que ir fazer qualquer cousa co meu um dia destes mas só de pensar em entrar numha dessas salas de tortura... iiihhhh arrepios!

X disse...

Eu adoro ir a que me dean cariniños, e o que máis, o lavado de cabeza ben feitiño, ummmm

Torreira disse...

Gostamos do seu peiteado X.Bicos