Este post ía ser un exercicio de autodisciplina pero o buscador deu cunha parella de escaravellos da pataca facendo as súas cousas...
abonda con ver a folla toda mordida, nada de escenarios preparados. Hai que recoñecer que calquera extremidade vexetal é boa para acoller tanta enerxía...
aenerxianinsecreaninsedestruesosetransforma
seráopracerunhaformadeenerxía?
está claro que iso é un aquítepilloaquítemato de matrícula, esa tensión nas patiñas, esa forma de agarrarse á superficie verde, esa forma de acometer...
ecomosereproduciranosescaravellosdapataca?
sieutamenseimenosqueunnenodeprimaria
pero máis ca ti
si
si
sei algo que ti aínda non sabes, meu amante raiado

[Fotografía de Carlos]
12 comentários:
Só unha puntualización pedante: non son xoaniñas, son escaravellos da pataca, e ben que lles gustan eses tubérculos.
Douche permiso para mandarme á m...
Uisssss
que metedura de zoca!!!
Grazas, grazas, xa o cambio...
Desde logo hai formas ben faciliñas de facer o ridícalo en público.
:-(
Non poñen ovos?
Que humans son estes animaliños!
será? en serio? e non pode ser que nós sexamos quen ve niso algo que en verdade é outra cousa?? O mellor das imáxens non é o que cristalizaron senón o que nós pomos nelas... penso eu.
que falta de pudor!, aí en público!.... (dicrepo afectuosamente do dito polo raposo, non son coma humanos, xa lles gustaría aos humanos!)
Coido que antes deunaquitepilloaquítemato estes "animalciños-nonxoaniñas" deberon de ter algún bonito ritual de cortello. Aiquí a "sublime" diferenza.
Sexa o que sexa,este post arrincoume un sorriso.Obrigado
Pero que ben o pasan estes dous. Quen nos dera a nós ser así de inocentes¡ Bicos
Queéoquenonsabeoamanteraiado? A incertidume deixame sen respiración.
O ver a foto que publicas acabo de recordar unha imaxen que disfrutaba de neno cando pola noite chegaban voando os escarnabois e flipabamos con eles ou cas luciernagas, por desgracia agora non se ven. Un bico.
nada, non chame á sanidade nin aos bombeiros, robinson sobrevive e o tobo vai quedando confortable, pouco e pouco :-)
Postar um comentário