Agora non é un bo momento.
"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra." K. Kavafis
2007/05/31
2007/05/29
2007/05/26
2007/05/25
Medo
Pensa un que pode con todo o que lle poñan por diante, que hai que ser reflexivos nos episodios difíciles, fríos, calculadores, intelixentes, racionais...
e de súpeto unha forza extraña aprisiónache o estómago, e notas que che doe, alí, dentro, coma nun centro de gravidade ata ese momento inexistente, e xa o medo está dentro apoderándose de ti, minimizando calquera pensamento positivo que se che poida ocorrer, anulando o teu lado máis racional...
e foxes cara a inconsciencia agardando que o tempo pase...
e vai o tempo e non pasa.

2007/05/24
Bolboretas
Suso Requejo (Pontevedra) e outros entomólogos galegos levan cinco anos embarcados nun proxecto de catalogación das bolboretas galegas e agradecen a colaboración de todos aqueles internautas que queiran desinteresadamente poñer o seu gran de area no traballo.A cousa para aqueles profanos na materia é ben sinxela, simplemente se trataría de enviarlles as fotos que poidamos realizar de bolboretas (en calquera dos seus estados, crisálida, verme, ovo ou adulto) coa localidade ou lugar e concello da captura fotográfica e a data en que foi realizada.
Xa sabedes, a partir de agora que o obxectivo das vosas cámaras tamén dispare sobre as bolboretas.
Se vos parece ben axudade a espallar a iniciativa a través dos vosos blogs e páxinas.
O enderezo para enviar as fotografías ou solicitar máis información é o seguinte:
lepidop@mundo-r.com
[Fotografía de X]
2007/05/23
Dionisio Pereira
Días de cine
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)