Páxinas

2012/07/02

Sen axuda


Ascende pasesiño polas miñas pernas.
Sen axuda ningunha.
Así.
Hoxe quero poñercho difícil.

2012/06/12

Are you alone?


Rematou a quinta temporada de Mad men.

2012/06/07

Burka


Nin sequera ti me podes espir deste burka que visto, tecido de mentiras que fun creando.

2012/05/09

Só resta lembrarte


En días coma hoxe resulta imposible non volver, cando entre o ruído das pingas que golpean  o parabrisas e o ritmo monocorde dos limpas se coa a túa voz descoñecida.
Só me queda lembrar, esa, a túa voz descoñecida, na miña almofada.

2012/04/09

Cine primeiro trimestre 2012


Os filmes están ordenados por puntuación seguindo a clasificación selvática:
 
10 (Podería volver a vela mil veces. Esta é das miñas)
 
9 (Para lembrar, para volver a ver, para gozar diante da pantalla)
 
8 (Tes que vela)
Albert Nobbs (2011)
Como ella sola (1942) 
Tú y yo (1957)

7 (Lémbrame que debería ir máis ao cine)
 
6 (Veña, si, por haches, por bes ou por cetas, si)
Funny Lady (1975)
 
5 (Non ocupar nin unha neurona lembrándoa)

4 (Como aburrise diante dunha pantalla)
 
3 (Mala)
Loverboy (2005)

2 (Sinxelamente insoportable)

1 (Antes morta que volver a vela)

Casualidades e voltas

As casualidades fan que se produzan dúas voltas o mesmo día.

Fotografía en Flickr de Murcianico.

As dúas
   ...foron motivadoras de bos momentos no pasado.
   ...están protagonizadas por homes.
   ...reflicten vidas interesantes.
   ...son motivo de alegría.
   ...son desexadas.
   ...fanme pensar.
   ...intríganme.
e aínda así non teñen nada que ver a unha coa outra.

2012/03/01

Rabia



Nin entendo, nin me fago cargo, nin son capaz de alegrarme con ideas altruístas, sólo sinto rabia.