Páxinas

2016/08/26

O cliente



Kajol, nin sequera sabe a súa idade, talvez 17 porque cre que tiña 8 anos cando a casaron. Ese home que a rodea cos brazos non é o seu avó, nin o seu pai, nin sequera o seu marido, podería selo pero non o é, el é o cliente do prostíbulo de Bangladesh onde "sobrevive".
O cliente ten moitas caras, olores e tactos pero sempre é quen paga, non a ela, pero paga. O diñeiro dálle dereito a ser compracido debidamente porque el sempre ten a razón, sen el non hai negocio, si, el é o culpable, o cliente.

Vía Sandra Hoyn..

2016/08/16

Coincidencias


A mesma funcionaria que grampou a túa foto e mais a miña no libro de familia, hoxe retratou a túa violencia no meu corpo para a foto da denuncia.

2016/08/12

Conta6 - 1


Grazas ao paideleo descubro a actividade Conta6 que inciou a Churrusqueira de Zarampagalegando e que consiste en contar unha historia en 6 palabras. Como na Selva sempre tiveron moi boa acollida os memes, participarei neste tamén.



Convido a participar a quen por aquí pasee se aínda o fai alguén.

2016/08/11

Novo cenáculo



- Vaia calor vai hoxe!
- Cala, cala, só a vós se vos ocorre quedar hoxe para ir cazar pokémons, se o chego a saber marcho para O Carballiño.
- Daquela haberá que pensar en algo ao que poidamos xogar á sombra.

2016/08/04

Campaña de animación á lectura 108


Sigamos lendo cun clásico.












Emigrante retornada

Publicación de Velis Nolis.

Como unha emigrante retornada despois de tempo fóra volvo aos lugares comúns por ver canto eles cambiaron mais tamén, no fondo, para comprobar que o que admirei, segue aí, agardando por min para me devolver á paixón do pasado.
O emigrante leva canda si un reloxo interior en forma de saudade sempre parado no minuto en que os seus ollos abandonaron a casa e permanece aí, no corazón, todo o tempo que sexa necesario para volver a funcionar no intre en que volve, e nesa ollada a nova realidade superponse á da lembranza e sabe agre o tempo perdido.
Peto:

sería egoísta agardar que os demais non tivesen marchado, non si?