Páxinas

2013/10/04

Campaña de animación á lectura 107

Fotografía do gran Cecil Beaton (1947).

Despois de case cinco meses fóra da Selva.

Aparece un Brandon de vinte e dous anos de múltiples olladas:
- Ollada lánguida de algunha vez amei alguén e xa todo vive no universo da lembranza.
- Ollada de neno mecoso de cúrame a boca carnosa porque quere pasear-te e lamber-te.
- Ollada felina de mira estas costas que agora se curvan sobre a cadeira, como non se haberán de mover onda ti.
- Ollada adolescente de como me gustaría que me descubrises o mundo.
- Ollada incrédula de non pode ser que ti e mais eu...  todo o que pon neste libro? Pero todo, todo...?
- Ollada agresiva de estás portándote mal e como me erga da cadeira...

Despois de case cinco meses, como botaba de menos esta Selva!

2013/05/15

Apertas

Divorce with regret by Emiliano Ponzi no meu Pinterest.

Hai tempo que boto de menos as apertas cálidas dos amigos invisibles nun proceso de divorcio do que eu son a única responsable.

2013/01/09

De lonxe vén o poder da palabra

Templo de Zeus Olímpico by Kaplan.


"Señor, eu non son merecente de que entres no meu fogar, 
mais unha palabra túa abonda para me salvar." 

De lonxe vén o poder da palabra


Houbo un ser humano que foi coller a fera salvaxe cazada por outro, e este deixoulle facer.
Houbo unha man que quixo acariñar o corpo dun ser humano, e este deixoulle facer.
Houbo un ser humano que golpeou a cara do seu veciño, e este deixoulle facer.
Houbo un ser humano que lle roubou o fillo á muller acabada de parir, e esta deixoulle facer.


De lonxe vén o poder da palabra, é un misterio que durante séculos quixeron desvelar os máis sisudos sabios.
En certa ocasión, Apolo decidiu condenar a cidade de Atenas á calor intensa dos seus raios durante un verán. Os sabios decidiron mudarse á quinta de Academo, e durante trinta días xuntáronse nos fermosos xardíns consagrados a Atenea e discutiron ata o solpor sobre cal había de ser a primeira palabra. Esa tarde, atento ao horizonte, un vello ancián tras ver o raio verde dixo: "Queridos compañeiros, estamos errados na nosa procura, nada importa cal foi a primeira verba pronunciada, a palabra verdadeiramente importante e aquela que debemos buscar é a palabra máis poderosa xa que con ela haberemos de ser invencibles". Os seus compañeiros retiráronse aos salóns do pazo de Academo e mentres gozaban doutros praceres dixo outro dos pensadores: "Sen dúbida Zeus, o deus dos deuses, ha de saber cal será esa sucesión máxica de sons, preguntémoslle a el!".
Á mañanciña do día seguinte os tres máis sabios deles foron ao templo de Zeus e despois de lle faceren as honras dixéronlle: "Oh Zeus, deus dos deuses, todopoderoso dende a túa nacencia do ventre de Rea, concédenos saber cal é a máis poderosa das palabras para que no teu nome poidamos dominar os corazóns dos homes e de todos os pobos da terra".
Naquel intre un trono invadiu o ceo e das entrañas da terra coa súa voz poderosa, Zeus dixo: NON.
Ignorantes do agasallo do deus, os sabios volveron canda os seus compañeiros decepcionados polo que eles consideraban a pouca bondade que o deus demostrara á súa petición.
Pobres sabios de Atenas, Zeus agasalláraos coa primeira e máis poderosa de todas as palabras, a única capaz por si soa de mudar radicalmente a realidade.

Houbo un ser humano que foi coller a presa matada por outro ser humano, e este díxolle NON.
Houbo unha man que quixo acariñar o corpo dun ser humano, e este díxolle NON.
Houbo un ser humano que golpeou a cara do seu veciño, e ese díxolle NON.
Houbo un ser humano que lle roubou o fillo á muller acabada de parir, e esta díxolle NON.

Por iso agora utilizo eu a máis poderosa das palabras para che dicir: NON marches nunca.

2013/01/03

O pasado

Imaxe de aquí.


Lugo
"Curamos o pasado
así, como lle cadra,
sen xabrón e de costas.
Por detrás."
(fragmento)
 María do Cebreiro: Eu son de aquí. 2008.


Antes dos novos propósitos viñeron reflexións, balances, nostalxias e perdas.
Nestes últimos 365 días pasou algo diferente, descubrín unha nova perspectiva sobre o meu presente, disque hai cousas que só chegan despois dos 40.

2013/01/02

Un ano de cine - 2012

¿Qué fue de Baby Jane? (1962) - 10
Arrugas (2011) - 10
Tierras de penumbra (1993) - 10
Confessions (2010) - 9
Crimen perfecto (1954) - 9
De repente, el último verano (1959) - 9
Domingo sangriento (2002) - 9
Muerte en Venecia (1971) - 9
Perversidad (1945) - 9
Shame (2011) - 9
Sólo el cielo lo sabe (1955) - 9
Three (2010) - 9
Albert Nobbs (2011) - 8
Another year (2010) - 8
Como ella sola (1942) - 8 
El apartamento (1960) - 8
El color del dinero (1986) - 8
El lector (2008) - 8
El perfecto anfitrión (2011) - 8
Hermano (2010) - 8
La mujer del cuadro (1944) - 8
Las chicas de la sexta planta (2010) - 8
Maurice (1987) - 8
Mi semana con Marilyn (2011) - 8 
Millennium: Los hombres que no amaban a las mujeres (2011) - 8
Moonrise Kingdom (2012) - 8
No habrá paz para los malvados (2011) - 8
Pájaros de papel (2010) - 8
Quiz show. El dilema (1994) - 8
Rebelión en las aulas (1967) - 8
Tú y yo (1957) - 8
A.I. Inteligencia artificial (2001) - 7
Carmina o revienta (2012) - 7
Cinco metros cuadrados (2011) - 7 
Clara Campoamor. La mujer olvidada (TV) (2011) - 7
Contact (1997) - 7
Edward, mi hijo (1949) - 7
El coleccionista de huesos (1999) - 7
El exótico hotel Marygold (2011) - 7
El hombre sin edad (2007) - 7
El mejor (2009) - 7
El motín del Caine (1954) - 7
El topo (2011) - 7
En un lugar del corazón (1984) - 7
Intocable (2011) - 7
La dama de hierro (2011) - 7
Los descendientes (2011) - 7
Los idus de marzo (2011) - 7
Madres e hijas (2009) - 7
Nannerl, la hermana de Mozart (2010) - 7
Profesor Lazhar (2011) - 7
Seabiscuit, más allá de la leyenda (2003) - 7
También la lluvia (2010) - 7
Tan fuerte, tan cerca (2011) - 7
Tú y yo (1939) - 7
Un mundo perfecto (1993) - 7
Una mente maravillosa (2001) - 7
4 Lovers (2010) - 6
Dos más dos (2012) - 6
El cardenal (1963) - 6
El Estado de la Unión (1948) - 6
Funny Lady (1975) - 6
J. Edgar (2011) - 6
La mala semilla (1956) - 6
Moneyball: rompiendo las reglas (2011) - 6
Por encima de todo (1992) - 6
Siempre feliz (2010) - 6
Tres veces 20 años (2011) - 6
Vidas pequeñas (2010) - 6
Bel Ami, historia de un seductor (2012) - 5
Cuando te encuentre (2012) - 5
El chef, la receta de la felicidad (2012) - 5
El fraude (2012) - 5
El invitado (2012) - 5
Ellas (2011) - 5
Habemus Papam (2011) - 4
Hysteria (2011) - 5
Interferencias (1988) - 5
La oportunidad de mi vida (2010) - 4
Los Kennedy (2011) - 5
Matrimonio original (1941) - 5
Siempre a tu lado (2001) - 5
The company men (2010) - 5
Viudas (2011) - 4
¿En que piensan las mujeres? (2000) - 3
9 meses (2010) - 3
Al cruzar el límite (1996) - 3
Campo de sueños (1989) - 3
De Nicolás a Sarkozy (2011) - 3
El legado de Bourne (2012) - 3
Elizabethtown (2005) - 3
Impávido (2012) - 3
Les beaux gosses (2009) - 3
Lío en los grandes almacenes (1963) - 3
Loverboy (2005) - 3
Magia más allá de las palabras (2011) - 3
Noche de fin de año (2011) - 3
Tengo ganas de ti (2012) - 3
The holiday (2006) - 3
Una cara con ángel (1957) - 3
Una dulce mentira (2010) - 3
¡Por fin solos! (2012) - 2
Adiós a la reina (2012) - 2
Aroma y sensibilidad (2011) - 2
El mundo es nuestro (2012) - 2
Encerrada (2010) - 2
Esposa por sorpresa (1992) - 2
Hechizo del corazón (2000) - 2
La viuda negra (2008) - 2
Los infieles (2012) - 2
Mil palabras (2012) - 2
Sácame del paraíso (2012) - 2
Una bruja en Nueva York (1991) - 2
En qué piensan los hombres (2012) - 1
Extract (2009) - 1
Las malas hierbas (2009) - 1
Los nombres del amor (2010) - 1
Un beso inolvidable (2011) - 1

2 meses de cine de 2012 (novembro e decembro)


Hermano.


8 (Tes que vela)
Hermano (2010)
Moonrise Kingdom (2012)
Rebelión en las aulas (1967)

Moonrise Kingdom.

7 (Lémbrame que debería ir máis ao cine)
En un lugar del corazón (1984)
Seabiscuit, más allá de la leyenda (2003)
Tú y yo (1939)

6 (Veña, si, por haches, por bes ou por cetas, si)
4 Lovers (2010)
Dos más dos (2012)
Siempre feliz (2010)

5 (Non ocupar nin unha neurona lembrándoa)
Bel Ami, historia de un seductor (2012)
El chef, la receta de la felicidad (2012)
El invitado (2012)
Ellas (2011)
Hysteria (2011)
Matrimonio original (1941)

3 (Mala)
9 meses (2010)
El legado de Bourne (2012)
Impávido (2012)
Tengo ganas de ti (2012)

2 (Sinxelamente insoportable)
El mundo es nuestro (2012)

1 (Antes morta que volver a vela)
Extract (2009)
Los nombres del amor (2010)

2013/01/01

Campaña de animación á lectura 106

Esta mañá comecei ben o ano con ducha atemporal.
Non quero deixar pasar este primeiro día do futuro sen saudar a todos os habitantes da Selva, quero agradecerlles o seu fidelísimo seguimento cada vez máis inmerecido, e desexarlles o mellor para 2013.
E para comezar con bo pé, dúas fotiños que espero que lles gusten.