Páxinas

2011/12/31

Cine de decembro 2011



Os filmes están ordenados por puntuación seguindo a clasificación selvática:
10 (Podería volver a vela mil veces. Esta é das miñas)
La vergüenza (2009)

9 (Para lembrar, para volver a ver, para gozar diante da pantalla)

8 (Tes que vela)


7 (Lémbrame que debería ir máis ao cine)
La deuda (2011) 
6 (Veña, si, por haches, por bes ou por cetas, si)
Jane Eyre (2011)
(Non ocupar nin unha neurona lembrándoa)

(Como aburrise diante dunha pantalla)
3 (Mala)

2 (Sinxelamente insoportable) 

(Antes morta que volver a vela)

2011/12/11

Acto de homenaxe a Marcos Valcárcel


O autor do blog As uvas na solaina, recibirá unha homenaxe póstuma o día 12 de decembro, luns, no Liceo ourensán ás 8, co gallo do seu cabodano.
O acto é aberto a toda a cidadanía.

Difúndase a convocatoria.

2011/12/05

Marcos Valcárcel (1958-2010)


Un ano sen el.
Marcos Valcárcel foi moitas cousas diferentes para moitos, para min foi a primeira perda admirada dun membro activo do blogomillo. Lamento que o seu blog, As uvas na solaina, non se valore debidamente como unha importante fonte documental.
A miña admiración.

2011/12/04

Cine de novembro 2011

Fotograma de El árbol de la vida.

Os filmes están ordenados por puntuación seguindo a clasificación selvática:
 
10 (Podería volver a vela mil veces. Esta é das miñas)
 
9 (Para lembrar, para volver a ver, para gozar diante da pantalla)
Beginners (2010)
 
8 (Tes que vela)
El árbol de la vida (2011)

7 (Lémbrame que debería ir máis ao cine)
 
6 (Veña, si, por haches, por bes ou por cetas, si)
 
5 (Non ocupar nin unha neurona lembrándoa)

4 (Como aburrise diante dunha pantalla)
 
3 (Mala)

2 (Sinxelamente insoportable) 

1 (Antes morta que volver a vela)

2011/12/01

Llenaba de humo el paraíso perdido


Hai un tempiño Bandini publicaba isto: 
"También me apetece comprar un jersey de cuello alto y volver a fumar en pipa, como cuando tenía veinte y llenaba de humo el paraíso perdido"

Dende aquela levaba aquí gardado en borrador e de cando en cando volvía a estas poucas palabras e cada vez me traían máis o sabor da melancolía dese paraíso perdido. Volvía a gardalo esperando que algún día se me ocorrese algo digno delas para sacalas de paseo pola Selva, pero despois de tanto tempo, apetéceme compartilas sen máis.
Porque resulta que hoxe sinto saudade e quero compartir a beleza e lembro aquela tarde en que me ensinaches a diferenza entre tres tipos de tabaco de pipa naquel laboratorio caseiro en que converteras o teu armario cheo de botes herméticos e latas e panos cos que coidadosamente acariñabas e lustrabas cada unha das pipas da túa colección. Aínda me pregunto que mans lle terían dado forma a aquela bela pipa de escuma de mar turca, pero a miña favorita sempre foi a Savinelli. Non cha aceptei cando ma quixeches regalar porque sabía que era especial para ti e, sabendo que fixen ben, lamento non tela comigo.  E lémbrome na butaca coas pernas colgando, a música no tocadiscos e o fume da túa pipa cruzando o aire por riba da miña vista en formas que ti inventabas para que eu tivese que improvisar historias.
Lembro o olor penetrante, o do tabaco, e o teu.