"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra." K. Kavafis
2025/06/28
2024/09/28
Ata outra querida Maggie Smith
Estimada señora Maggie Smith, agradézolle inmensamente como me ten amosado o mundo, con vostede residín na Pensione Bertolini en Florencia, no Hotel Marigold cando visitei Bangladore, na súa casa de París e con vostede habitei reiteradamente Dowton Abbey nos meses de agosto.
Sempre lle estarei agradecida.
Ata outra querida Maggie
2022/06/01
O comezo 16 anos despois
2022/04/28
Juan Diego (1942-2022)
"¿Cómo se prepara un tipo que es del PCE, que tiene una enorme conciencia social, para irse a un cortijo extremeño a ser un hijo de puta malnacido?
Hay métodos de trabajo; de Stanislavski coges determinadas cosas, de Brecht coges otras… De cualquier tipo de enseñanza teatral puedes extraer un saber teórico, pero yo un día descubrí un instrumento. Descubrí que ese hijo de puta de Los santos inocentes está dentro de mí. Dentro de mí está ese hijo de puta y ese homosexual y ese nudista y ese comunista y ese tipo amable y ese violador. Dentro de nosotros está todo lo bello y lo hermoso y todo lo horrible y despreciable que hay en él. La bondad y la maldad en el comportamiento humano no viene de ahí [señala al cielo], sino que está dentro. El asunto es tirar: ¿dónde está eso? ¿Está dormido? ¿Está anidado donde no se sabe? Y cuando lo encuentras te tienes que poner de su lado; tienes que creer en él y decir: «Ese tío, ese malnacido, tiene toda la razón del mundo».
[...]
Cuando interpretas a un hijo de puta tienes que defender a muerte a ese hijo de puta."
Ver toda a entrevista aquí.
Grazas, polos momentos compartidos.
________
E se volvemos ver o cabrón do señorito e o choramos xuntos apertados entre as sabas?
2022/04/23
Campaña de animación á lectura 110 / Entrada número 1000
E agora vaste portar ben, vas ler en alto e pronunciando devagar.
_____________
Entrada número 1000
Non é que teña demasiada importancia pero neste sistema decimal sempre sentimos admiración polos números redondos. Acabo de descubrir que esta entrada completa o milleiro, non significa nada, quizais só supoña unha proba da confirmación do vínculo.
Iso si, celebro que fose unha entrega da campaña de animación á lectura.
LER TE sempre foi un dos meus xogos favoritos.
2021/06/01
Fame neghra
Coma animaliños asustados permanecemos cada un no seu tobo do que asomabamos para ver as ambulancias, a policía, o deserto da beirarrúa...
E ti, que había de ser de ti? Seguirías vivo? Miraba as noticias só para descartarte.
Segundo pasaban os días ía perdendo o osíxeno e viña aparecendo a fame, unha fame que comezou a ferverme por dentro, que se foi alimentando das túas lembranzas para medrar.
E alí, dentro, onde só ti chegaches, invadiume a fame, unha fame neghra de ti.
2020/11/04
Outono 10 anos despois
2019/12/14
Ritornare
Abro a porta e inspiro a mestura dos recordos.
Cerro os ollos para dende a cegueira poder verte máis.
Voltar en cada nota a ti.
Hoxe eu só son os teus recordos no meu corpo.
Toda eu convertida nun eco nostálxico do pasado.
E desexo saber bailar etérea,
facer o aire, os obxectos alleos que fixemos nosos, o po dos anos... meu,
apreixar o espazo todo cos brazos abertos
cos ollos abertos
co riso aberto
coma naquelas mañas furtivas
cando te acolleron inmensos e libres.
Voltar á casa das sensacións doutrora
as que alimentamos
as que afogamos
as que matamos
2019/07/01
Igual que un río
2019/06/01
Cumprindo 13
Disque a comparativa entre a idade dun can e a dunha persoa é de 7 a 1. Cal ha de ser a relación da idade dun blog?
A Selva cumpre 13 anos porque si, porque me peta e porque non me dá a gana de pechala aínda que nos últimos anos sexa unha doente en estado crítico que se nega a morrer polas boas.
E hoxe para celebralo voute levar de novo á mesma ventá do mesmo cuarto do mesmo hotel para poder ver o solpor dende a cama mentres te cravas en min e logo brindar porque a adicción permaneza.
2018/07/13
Foi ver este vídeo e saber que tiña que volver á Selva.
2018/05/19
A informacion do ollo humano
Leo a Oko:
máis que o gusto
máis que o oído
máis que o tacto
...
Por iso ás veces preciso cerrar os ollos para sentir só a información...
que me dá o tacto para atopar ás apalpadelas os camiños do desexo,
só a que me dá o gusto para gorentar a túa suor,
só a que me dá o olfacto para ventar o teu sexo,
e só a que me dá o oído para acompasar o meu corpo ao teu alasar debaixo de min.
DSXT
2018/02/02
Cando o corazón manda
2017/03/16
Escribirte
Hoxe gustaríame inaugurar o meu corpo co teu nome,
mais como escribirte sen que a miña boca teña as túas letras.
2016/11/18
Sensitivo goce
X
XXIV
"podo coñecer fácil a perfección da escrita,
a exactitude no uso das palabras gastadas
pola literatura de centos de escritores
que xa cantaron versos de amor e desamor
pero nada no mundo retrata nos meus ollos
o sensitivo goce da harmonía dos breves
momentos onde tremo coa túa inmensidade."
(fragmento)
Miro Villar: Abecedario da desolación, 1997.
2016/11/17
Mañá continuaremos a partida
If you want a lover
I’ll do anything you ask me to
And if you want another kind of love
I’ll wear a mask for you
Oh Leonard, fuches todos os amantes nun único amante, décheslle novas dimensións ao noso xogo favorito e fixéchesme crer que me escribías só a min. Noutrora, cando fai dez anos criamos que paseabas por esta selva, a túa voz serviu para iluminares a aqueles que duraron moito menos ca ti, ignorantes uns, torpes outros, noite tras noite deixaban que foses ti o que ficaba na cama borboriñando na miña orella ata a madrugada. Agarda por min, mañá continuaremos a partida.
2016/11/04
2016/09/27
Linguaxes secretas
Este código lingüístico tamén tivo versión escrita no denominado Libro do terceiro día. Tres días despois da voda, as mulleres da casa entregábanlle un caderno á nova casada onde podía atopar páxinas dedicadas á dor da perda dun ser querido simbolizando a partida e logo páxinas en branco que ela había de cubrir coas súas vivencias. Cando morría a autora o libro soterrábase canda ela.
Miña filla,
nosa benquerida irmá:
Eiquí rematan
este feixe de cartas
feitas coa estima das que te estrañan,
verbas de alivio e conforto
das túas amigas,
ensinanzas, desculpas e avíos
da túa naiciña.
Non as esquezas
e tenas presentes
polo teu ben e o teu descanso,
adeus para sempre
filla e compañeira.
As follas en branco
que agora seguen
éncheas co amor e o cariño
que nos che profesamos
e cando te sintas pexada
arreda o fastío e a repugnancia
escribindo nelas coitas e alegrías,
herdanza que deixarás
a túa meniña
o día aínda lonxano
da súa partida.
2016/08/28
2016/08/26
O cliente
Kajol, nin sequera sabe a súa idade, talvez 17 porque cre que tiña 8 anos cando a casaron. Ese home que a rodea cos brazos non é o seu avó, nin o seu pai, nin sequera o seu marido, podería selo pero non o é, el é o cliente do prostíbulo de Bangladesh onde "sobrevive".
O cliente ten moitas caras, olores e tactos pero sempre é quen paga, non a ela, pero paga. O diñeiro dálle dereito a ser compracido debidamente porque el sempre ten a razón, sen el non hai negocio, si, el é o culpable, o cliente.
Vía Sandra Hoyn..












