Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Agasallos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Agasallos. Amosar todas as publicacións

2014/01/05

Reis 2014


Non é preciso que vaias cedo para a cama, os dous sabemos que este ano NON TE PORTACHES BEN.

2011/09/24

Sunshine Award para a Selva 1 de 2


Quero agradecer o premio Sunshine Award que lle foi concedido á Selva polos blogs Revolta da Freixa, Reincidente e A cova do raposo e que en canto poida concederei eu tamén a outros doce blogs, é unha alegría aparecer nas súas listas habendo como hai tantas e tan boas bitácoras no blogomillo.

E mentres non cumpro con esta e algunha que outra cousa pendente, e como volve Amaral, e iso na Selva sempre é motivo de celebración, déixolles este Hacia lo salvaje, anticipo do novo disco.


2010/10/27

Parabéns para Francisco Castro

O señor Francisco Castro ingresa hoxe no club do número máxico para un home, os 44, desde a Selva todos os parabéns e o desexo de que goce deles plenamente.
Para os demais, unha recomendación, léano, nos seus libros, no seu blog, onde o atopen, léano e tamén gozarán.

2010/09/27

Maldita memoria!

Ou máis ben debería dicir, maldita desmemoria!
Cando recibín o premio de Kaplan veume un flash deses, premio, premio, premio, e empecei a pensar que non era o primeiro premio que recibía, pero non se me ocorría nada máis. Despois viñeron outro e outro, e outro, pero non acababa de situar a cousa ata que por fin, e con gran malestar para min, localicei a lagoa mental.



Mil desculpas pola desatención, non estaba no meu ánimo, pero a saber que foi o que pasou. Tento con esta entrada pedir perdón e aproveito para recomendar es Revolta da freixa tan ben feita, especialmente esa serie Noticias de literatura que nos permite estar ao día nas nosas letras.

2010/09/26

Premio: Vale a pena ficar de olho nesse blog!

O Sr. Kaplan concedeulle á Selva este premio que creo que se debe máis aos anos de seguimento mútuo que á valía deste blog, o que non lle resta ilusión ningunha ao feito de recibilo.
Procedo agora á miña concesión do premio aos blogs que seguen e onde non incluín ningún que xa o tivese recibido. Coma sempre nestes casos, son todos os que están pero non están todos os que son.

E os galardonados por orde alfabética son:
A canción do náufrago de Francisco Castro polas súas reflexións sobre a escrita.
A conta da Caperucita nunca bate certo de La queue bleue porque me resulta divertida e interesante.
A cova do raposo de Raposo porque ás veces dispara a queimarroupa e acerta.
A tolemia é un sombreiro de Noa porque convida a desvariar.
Alfaias de Calveiro porque cada vez me gustan máis as cousas que di este señor. O seu último post, Insubmisión, non ten desperdicio. 
Días estranhos de Martin Pawley por nos ensinar o outro cine.
Gradicela de Peke polas súas crónicas vitais.
Neobestiario de Fisiólogus porque llo debo antes de que nos abandone definitivamente.
Mi Jardín Prohibido pola estética visual e literaria.
Outras lerias do señor Torreira ao que visito cando a boca me sabe a vodka.

Suponse que cada un dos premiados debería seguir a cadea, déixoo á súa vontade, non o consideren unha obriga.

2010/04/06


[Ilustración de Nuria Díaz]

"A violencia sexual, o maltrato de xénero, os abusos sexuais nos conflitos armados ou a violación como arma de guerra, son algunhas das temáticas que abordan os relatos e ilustracións de Camiñan descalzas polas rochas. Un libro co que Amnistía Internacional, a editorial Tris Tram e 21 autoras e ilustradoras galegas queren resaltar a universalidade dos abusos dos dereitos humanos das mulleres, cuxa raíz é a discriminación, pero á vez, queren destacar tamén o papel activo destas como axentes de cambio e defensoras de dereitos.

As mulleres organízanse en todo o mundo para poñer ao descuberto e para combater a violencia de xénero e é así como se logra modificar leis, políticas e costumes. Camiñan descalzas polas rochas é unha mostra."

Vía Emereci.

2010/04/01

VULVA

Grazas aos estudos científicos sabemos que existe unha relación directa entre atracción sexual e olor corporal e sabiamos que as empresas de perfumes utilizaban estes coñecementos para facer máis atractivos os seus produtos, baseando as súas campañas publicitarias nesa atracción. Agora semella terse chegado máis aló e aparece VULVA, segundo a publicidade, aroma vaxinal en estado puro en aplicador de bóla.

2010/01/04

Carta aos Reis Magos de Oriente


Como seguro que o esqueciches, escribín por ti a carta aos Reis Magos:

1 - Unhas sabas crúas de Frette para que todo sexa tan suave como a pel.
2 - Uns xeos corporais aromatizados de Kenzoki (a unique product to use along or with your favourite person) para derretilos entre nós.
3 - Un ipod touch gravadiño por detrás co verso de Kavafis (amada sensación, volve e tómame) e dentro o disco Viatge a Ítaca de Llach e unha foto para permanecer.
4 - Un bote de The rain cocoa de Chocolat Factory para cando desexes ser lambido ou queiras ser larpeiro do meu corpo.
5 - Un planisferio para que che invente unha historia diferente no ceo de cada noite.