Páxinas

2007/04/30

2007/04/26

Ecosexual

Despois de ler en Vieiros o decálogo do "ecosexual" confeso, pesarosa (ou non) que, aínda sabendo que a causa é boa, o do unto, pois vai ser que non.

2007/04/25

25 de abril

Un 25 de abril chegou a revolución.


Que queda de todo aquilo?
Cal é a sombra que conserva o pobo portugués daquel cravo?

2007/04/19

Campaña de animación á lectura 17

(Fotografía tomada en Santiago de Compostela, por cortesía de MO.)

Beixo ou chocolate

Seica uns estudosos británicos acaban de demostrar que as persoas se estimulan máis deixando derreter o chocolate negro na súa boca que co beixo máis apaixonado.
Nunca entendín esa teima de querer agrupalo todo en dúas categorías excluíntes, comedor ou terraza, menú ou carta, café ou sobremesa, traballo ou pracer, por que renunciar a telo todo?

2007/04/17

Acacias




"E teve alli um momento delicioso, descrevendo-lhe a quietação da quinta, a entrada por uma rua d'acacias, e a belleza da sala de jantar com duas janellas abrindo sobre o rio..."









"Mas depois, ao regressar da quinta, vinha já mais calmo. Pisára a linda rua d'acacias que os pés d'ella pisariam na manhã seguinte dera um longo olhar ao leito que seria o leito d'ella, rico, alçado sobre um estrado, envolto em cortinados de brocatel côr d'ouro, com um esplendor sério d'altar profano..."


"Dahi a poucas horas, encontrar-se-hiam sós n'aquella casa muda e ignorada do mundo; despois, todo verão os seus amores viveriam escondidos n'esse fresco retiro d'aldêa; e d'ahi a tres mezes estariam longe, na Italia, á beira d'um claro lago, entre as flôres d'Isola Bella..."
Eça de Queiros - Os Maias

Madredeus - O pastor
(Post provocado por Rifo I de Zeuquirne que me lembrou a fascinación polas acacias)

Normalizacion lingüística

Hoxe Veloso publica un post para o meu gusto moi acertado sobre a situación actual do proceso de normalización. Reproduzo de seguido un resumo do texto.

______

Que queremos dicir cando falamos de normalización lingüística
[...] eu diría que a percepción do galego e, sobre todo, dese proceso que se deu en chamar "normalización lingüística", está a mudar para peor. Despois de décadas de indiferenza maioritaria [...] batemos agora cunha novidade que non agardabamos: a hostilidade manifesta de certos sectores, aínda non moi significativos, pero suficientemente ruidosos como para que as súas queixas sexan esparexidas por veteranísimos xornais e webs de nova creación. Antes de que o regueiriño medre e se faga río, sería conveniente, creo eu, que aqueles aos que aínda nos importa algo a lingua [...] pasemos á acción.
[...] O único que se pide [...] é que aqueles que desenvolvemos a nosa vida cotiá en galego -segundo as enquisas, aínda somos maioría- poidamos facelo con absoluta normalidade, sen atopar atrancos nin discriminacións.
[...] hai un segundo punto que vos propoño, non só como debate, senón como inicio dunha acción directa [...] falta pouco para o 27 de maio, data das eleccións municipais. Propóñovos que, como cidadáns galegos e galegofalantes que somos, empecemos dende agora mesmo a esixir aos nosos medios de comunicación e aos que pretenden ser os nosos representantes nos concellos un compromiso firme co proceso de normalización da lingua galega. [...] Fagamos, pois, que oian a nosa voz.

2007/04/16

Albaroque da lingua

Recollo a continuación a información sobre o Albaroque da lingua, unha iniciativa que me parece estupenda e que alguén amablemente fixo chegar ao meu correo. Anímense que a festa está servida.
___________________________
Compañeiras e compañeiros da lingua!

Con motivo da véspera do 17 de maio, e porque si e nos peta e nos dá a gana, autoconvocámonos a unha GRAN CHURRASCADA POLA LINGUA (estufada), o ALBAROQUE DA LINGUA 2007, coa escusa de reivindicar unha maior presenza do espírito lúdico festivo no proceso de normalización, dramático de seu mais non tanto como para impedirnos un gran momento de encontro e catarse colectiva.

E por que unha cea? Porque hai que estar ben alimentad@s para enfrontarnos a todo o traballiño que temos por diante!

A xente da lingua –o ghallegho, o galego, o galego-portugués e, claro que si, o portugués– autoconvidámonos a unha xuntanza de confraternización.

Apuntádevos toda a XENTE DA LINGUA sen exclusión por razóns de idade, raza, opción ortográfica ou ideolóxica, discapacidade ou talento artístico: profes de academia, da pública ou da concertada ou da privada, sociolingüistas con título ou sen el, sociólog@s, técnic@s da normalización, psicolingüistas, ecolingüistas, artistas de toda caste comprometid@s coa lingua, xornalistas que aínda non se pasaron ao castelán, activistas sociolingüístic@s, cibernormalizador@s, mestres de a ferrado, veteran@s de guerra, guerrilleir@s en activo, estudantes e parad@s, neofalantes ou paleofalantes..., e, en fin, toda aquela xente ligada á normalización da lingua.

Unha comisión de festas –da que ti podes formar parte, se te pos en contacto a través do correo electrónico albaroquedalingua@gmail.com– está a organizar a MACROCEA lúdico-festiva.

Temos o día –16 de maio– e o lugar: O Fogar do Santiso, en Luou, preto de Compostela.

Participa neste proceso!

Haberá buses de ida e volta desde Compostela, un espectáculo ao vivo inesquecíbel e moitas sorpresas! Se pensas nalgunha cousa máis, ponte en contacto connosco!

Dillo a colegas e a familiares, telefona vell@s amig@s, dálle ao ruxe-ruxe, que a MACROCEA vaia de boca en boca porque, como no Xabarín, temos que ser cen mil!

2007/04/13

2007/04/06

mmmmmúsicas IV B

Words cando agardabas por min no bus coa carpeta no asento do lado para que ninguén ousase ocupalo senón eu. Words para aqueles apuntamentos, roces, segredos, caricias, susurros, risos, bicos... iniciais pintadas cos dedos no bafo dos dous no vidro. Tempos en que aínda non nos podiamos enviar sms e deixabas un papeliño dobrado dentro do cinceiro do respaldo do asento número 8. Words para aquelas viaxes en que esqueciamos que o bus tiña vidros e compartiamos tamén as bágoas emocionadas, frustrantes e cheas de paixón dunha adolescencia que nos viña grande.
F. R. David - Words

2007/04/05

2007/04/04

Puaggg!

Alguén crea un blog no blogomillo e nel inclúe, de momento como único contido, as fotos de tres mulleres dedicadas ao labor político e unha enquisa para que os votantes as valoren fisicamente.
Puaggg!
Pero a cousa non remata aí. Alguén ten a marabillosa idea de chuzar a nova, debeu de ser pola súa indubidable importancia informativa para o noso desenvolvemento integral como persoas, país...
Puaggg!
Pero a cousa tampouco remata aí, xa non é que ninguén considere o contido inapropiado, senón que me encontro con que é a segunda noticia máis chuzada hoxe.
Puaggg! Puaggg! Puaggg!

2007/04/01

mmmmmúsicas II B

Erik Satie para cando chegas ás cinco tomar o café, e tes que chamar á porta. Esas horas en que sabes que non necesitaches facer plans porque esa tarde, que se promete longa e demorada, só é o primeiro acto delicioso dunha obra que se prolongará toda a noite. Tempo para ti ata o terceiro acto que vai rematar cando ao día seguinte cerres a porta despois de que te agasalle cun bico untado con manteiga e marmelada. Nin antes, nin despois.
[A fotografía titúlase Porta do ceo, sinto non poder facilitar, por descoñecemento, a autoría.]

mmmmmúsicas II A

Erik Satie, aquí nunha mestura magnífica con Kathak.

Salvador Dalí: Mesa diante do mar (Homenaxe a Erik Satie), 1926.

mmmmmúsicas I B

Nun servizo calquera nunha noite de concerto, a música moi alta ao outro lado da porta, ambiente cargado, fume, atmosfera case irrespirable, pouco espazo e subidón de adrenalina para xogar ao xogo máis divertido.

mmmmmúsicas I A

Acepto o convite de Gaudeatrix e súmome á iniciativa de lle poñer música ao xogo máis divertido.
Unha opción para escusado público en noite de concerto podería ser esta:

mmmmmúsicas (Rectificación pública)

Por un erro debido a un momento de présa atribuínlle a Ghanito a iniciativa de Música no acto, pois ben, a experiencia colectiva que anda coma saltón ledo e pracenteiro polo blogomillo adiante denomínase mmmmmúsicas e debémoslles estes gratos momentos a María de Mallou e Harvey.
Rectifico os títulos dos post e continúo participando.
Eu desde aquí convido a participar neste meme tan singular a Kaplan, Leco, Lúa, Torreira, Oko, o Náufrago, Moralla, o Raposo, Noa, Homedareia (aínda que crea que non son post creativos), Aultre Narai, Raiko, Sara Jess, Mendinho, Cabrafanada, Nhusko, Mrs. Doley, Mr Tichborne e a calquera que lea isto e se anime (algúns e algunhas dos que convidaría xa andan no allo).