![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg1gcqN38E2G71HxbV4dwMGqLoXt0av_yxxrv6DrZtj_ei1hzqYnyQ9CE6lasPouI2qbS6FfvEB66nUFfVtOXcpMh3Pil_keNQi0IygmEK2ivOW_q5O0daW8eTet3phaRl3vJqcHQ/s400/ventilador.jpg)
Pásanse os días na estrada, mirando de non pasar dos
133, mirando de non morrer contra unha cortina traidora de brétema, mirando de ter a tarxeta preparada para pagar todas as
peaxes con celeridade, mirando de non durmir de tanto contemplar esa banda gris que vou devorando quilómetro a quilómetro, mirando de que pasen os días.
E bótote de menos nesa cama perfectamente feita ao outro lado da mesiña de noite. E boto de menos as túas visitas á miña cama e os xogos divertidos no leito estreito. Que horribles son os hoteis cando un non está de vacacións!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh9NorLuq-U9rnajQ6rP2YhOaRO7ryCG9s3qFx2zM3pYCqCAPpsElW_IbMKO6K7HSyM63ioIbTnikawOjtb8PoK3bYS-fHlU88J4aa_2NS1Jhgf3LgtI8r62Ogg2xfSVi5Iq8g09Q/s400/chuva.jpg)
Subo e baixo rúas pendentes, súo, sufro resignada este verán interminable agardando que por fin caia por min unha chuvia piadosa.