Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Cine e lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cine e lectura. Amosar todas as publicacións

2011/11/13

Animación á lectura 101: Beginners


















Beginners (2010) - Deliciosa (McGregor delicioso tamén)
Clasificación selvática: 9 (Para lembrar, para volver a ver, para gozar diante da pantalla)

2010/04/26

Cine e lectura 06: A single man

 

"Se non se goza do presente, non hai nada que suxira que o futuro ha de ser mellor."


"A experiencia non é o que lle pasa a un home, é o que un home fai co que lle pasa."

 
 
"O único que fixo que todo pagase a pena son esas poucas veces en que de verdade puiden conectar con outro ser humano."


"E así, sen máis, chegou."

Clasificación selvática: 8 (Tes que vela)

2010/01/31

O amante

Un filme para rematar ben a tarde.
Só temos un problema, de onde vas quitar un chófer uniformado de branco que me abra a porta?


A clasificación selvática terá que agardar a que teña oportunidade de acabar de vela.

2010/01/18

De aquí á eternidade (From here to eternity)



O director, Fred Zinnemann, conseguiu con esta obra un dos seus catro Oscars, neste caso o Oscar a mellor director. Baseouse na novela homónima de James Jones, este escritor é tamén o autor doutras dúas novelas levadas ao cinema, A delgada liña vermella de Terrence Malick e A filla dun soldado nunca chora de James Ivory.


Trailer orixinal da película de estreada en agosto de 1953.


Escena do bico na praia de Halona Cove en Hawai entre o sarxento Milton Warden (Burt Lancaster) e Karen Holmes (Deborah Kerr), a dona do capitán Holmes (Philip Ober). Curiosamente nin Lancaster nin Kerr obterían ningún Oscar e quen si que se faría cunha estatuíña sería Donna Reed, premiada co Oscar á mellor atriz de elenco.


Escena do toque de silencio do soldado Prewitt (Montgomery Clift) polo seu amigo Maggio (Frank Sinatra) morto.


Capítulo de 50 películas que hay que ver antes de morir dedicado a De aquí á eternidade.


Aquí podes ler un artigo interesante de Carlos López-Tapia sobre a película.

Podes ver todo o filme en versión orixinal en YouTube na lista de reprodución de WittoWed.

Clasificación selvática: 8 (Tes que vela).

2008/10/02

Cine e lectura 05: Away from her

Que somos cando esquecemos todo aquilo que fomos? Lonxe dela achéganos a esa realidade inquietante.

Clasificación selvática: 7 (Lémbrame que debería ir máis ao cine)