Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Obxectos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obxectos. Amosar todas as publicacións

2011/08/15

Jesús del Pozo (1946-2011)


Morreu Jesús del Pozo, un dos grandes artistas da moda en España. 
Coma outros deseñadores de roupa ou de xoias e ultimamente tamén figuras do deporte e do cine, sumou á súa oferta de produtos asociados e de prestixio os perfumes.
No ámbito da perfumería feminina, no ano 1992 principiou con Duende, que logo xa se había de converter nun clásico.

Catro anos despois seguiulle Esencia de Duende.


En 1997 Halloween, cun enfoque moito máis fresco axiña se fixo a máis recoñecible das súas fragrancias.

Logo habían de vir variacións ata que en setembro de 2010, saía ao mercado a derradeira das súas creacións, Ámbar, con ese medallón tan característico e esa imitación en cristal das formas arredondadas do ámbar natural non é para todos os días, senón para cando procuras que a túa pel exhale un olor determinado e especial. Gardareino como un talismán, como facían os fenicios.



2010/03/07

Libraría a medida


Non solucionei na feira de antigüidades dos estradenses, nin cos suecos/holandeses, nin sequera os caldenses atoparon a solución para a miña libraría a medida. Xa que logo, polo momento, terei que deixar as cousas así, amoreadas de calquera xeito.

2010/01/04

Carta aos Reis Magos de Oriente


Como seguro que o esqueciches, escribín por ti a carta aos Reis Magos:

1 - Unhas sabas crúas de Frette para que todo sexa tan suave como a pel.
2 - Uns xeos corporais aromatizados de Kenzoki (a unique product to use along or with your favourite person) para derretilos entre nós.
3 - Un ipod touch gravadiño por detrás co verso de Kavafis (amada sensación, volve e tómame) e dentro o disco Viatge a Ítaca de Llach e unha foto para permanecer.
4 - Un bote de The rain cocoa de Chocolat Factory para cando desexes ser lambido ou queiras ser larpeiro do meu corpo.
5 - Un planisferio para que che invente unha historia diferente no ceo de cada noite.

2009/07/13

Diversión contra a chuvia

Pois si, chove, e non é que me importe demasiado, e mesmo agradezo un día de poalla constante.
Debido a unha reclamación, desta volta traio un moderno modelo de paraugas- pistola de auga de Alex Woolley que pode resultar moi divertido para xogar, e desde logo clásico non é.