Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta "X anos despois". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta "X anos despois". Amosar todas as publicacións

2024/09/28

Ata outra querida Maggie Smith



 


Estimada señora Maggie Smith, agradézolle inmensamente como me ten amosado o mundo, con vostede residín na Pensione Bertolini en Florencia, no Hotel Marigold cando visitei Bangladore, na súa casa de París e con vostede habitei reiteradamente Dowton Abbey nos meses de agosto. 

Sempre lle estarei agradecida. 

Ata outra querida Maggie

2022/06/01

O comezo 16 anos despois


Este ano a Selva remata a ESO. 
Apeteceme que volvamos ao primeiro post, sempre me pareceu marabilloso o poder dos sons e dos olores de nos transportar, aínda que non o queiramos, a momentos moi afastados dos que nin sequera nos queremos lembrar. O seu poder evocador, moi por riba da vista, a gran venerada! 
Pero que vai facer a vista que só nos ensina o que pasaba diante dos nosos ollos fronte ao oído, ou o tacto, ou o sabor?
Que poder ía ter a vista se mirarte, mirarte, tan só foi o comezo.

2020/11/04

Outono 10 anos despois

Gústame o outono, e houbo un tempo, fai dez anos, en que me gustaba celebralo creando esta Selva, e, de cando en vez, sigo botándoa de menos.


Gústame o outono, especialmente nas terras interiores, camiño da montaña.
Gústame cando mo traes á casa nun colar de castañas, esparexes o outono pola cama toda e pos en marcha a banda sonora dos nosos corpos sobre as follas secas.