Vía Cabo do Mundo.
"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra." K. Kavafis
2008/06/16
2008/06/15
Así estou eu...
Suicida como a barca que abandona o peirao e penetra na brétema da ría consciente de que non ha volver tragada polo océano.Xélida como a meixela inerte do avó dentro do cadaleito no salón da casa.
Perdida como un arao dos cons terra dentro sabedor de que nunca vai atopar outro da súa especie.
Rabiosa como unha guerrilleira que perde o compañeiro na loita.
Desolada como Karen Blixen no outeiro agardando polo cadaleito de Denys Finch.
Seca como a flor gardada dentro dun libro para lembrar o que un día existiu.
Triste como o fado desgarrado que me deixaches no peito.
Así estou eu, así estou eu, sen ti.
________
Por culpa de Torreira, así estou eu, con Sabina na memoria, con Mariza nos oídos e ti no corazón.
Perdida como un arao dos cons terra dentro sabedor de que nunca vai atopar outro da súa especie.
Rabiosa como unha guerrilleira que perde o compañeiro na loita.
Desolada como Karen Blixen no outeiro agardando polo cadaleito de Denys Finch.
Seca como a flor gardada dentro dun libro para lembrar o que un día existiu.
Triste como o fado desgarrado que me deixaches no peito.
Así estou eu, así estou eu, sen ti.
________
Por culpa de Torreira, así estou eu, con Sabina na memoria, con Mariza nos oídos e ti no corazón.
Vía Outras lerias.
2008/06/14
Por debajo del agua
Por debajo del agua
Por debajo del agua
te busco el pelo,
por debajo del agua,
pero no llego.
Por debajo del agua
de tu cintura:
tú me llamas arriba
para que suba.
Para que suba al aire
de tu mirada;
mi corazón me enciende,
luego se apaga.
Te busco el pelo
por debajo del agua,
pero no llego.
[José Ángel Valente]
2008/06/13
Hidroterapia
E xa que vai de augas, unha recomendación para hoxe, non se perdan a fresca e suxestiva Hidroterapia de VaKaSToLaS, todo unha demostración de poder.2008/06/12
2008/06/11
2008/06/09
2008/06/04
Las chicas de la lencería
A cousa prometía, entre o tráiler e os premios Las chicas de la lencería parecía unha boa opción e case que ías a tiro fixo. Aldea suíza montañosa, micromundo, vella viúva con depresión pola morte do home decide seguir os consellos dos que a rodean e reaccionar, para iso recupera un soño de mocidade, montar unha tenda de lencería. A partir de aí as reaccións dos diferentes axentes sociais que estruturan o mundo do cosmos-aldea e xa temos a historia montada. Podería ter sido un moi bo filme, o tema permitíao, pero claro, xa se sabe, para unha dirección talentosa calquera tema é bo. E todo iría ben se a protagonista e as súas amigas non derivasen nun grupiño de mulleres tipo xatevinmilveces e todo fose rosarosarosa no peor sentido da palabra. O que vai ocorrer é tan evidente que, se marchas cara ao final, es capaz de contarlle a outro como remata cun centoporcento de acerto. Filme politicamente correctísimo onde os haxa o que xa é incrible é que algúns sectores pretendan vendelo como un produto superfeministaquerachascoapana que anima as mulleres a buscar o seu propio camiño, bla, bla, bla... En fin, unha queda coa rabia de non ter visto esoutro filme que podería ter sido.Clasificación selvática: 4 (Como aburrirse diante dunha pantalla)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



