Páxinas

2008/01/05

A sala reservada do Prado

Para comezar tráiolles unha entrada titulada A sala reservada do Prado de Marcos Valcárcel en As uvas na solaina na que fai un percorrido por esa estancia na que durante séculos a visión de certas obras pictóricas estivo reservada aos ollos duns privilexiados monarcas.
[Imaxe: Susana no baño de Tintoretto.]

Recomenblogueando

[Imaxe de Aixado]
Comeza na Selva un novo apartado que se agrupará baixo a etiqueta "Recomenblogueando" onde pretendo recoller para a súa información e deleite a referencia a aqueles post que vaia atopando noutros blogs e que segundo a miña opinión merezan ser divulgados.
Sei que iso de metabloguear está moi mal visto, sinceramente, non me importa, prefiro compartir aquilo que valoro.

Xogadora

Se non xogas nunca vas poder gañar.
Ou o que é o mesmo...
quem não arrisca, não petisca.

*Entrada inspirada por Cidadán Anónimo e mellorada coa colaboración de La Queue Bleue.

2008/01/02

Expectativas

Comezo este ano chea de expectativas, espero que o paso demorado dos días non se encargue de botarmas por terra.

2007/12/30

Síndrome de abstinencia

Onte era día de feira no macroenxame de morte. Á entrada unha ducia de androides están recibindo ás présas a súa dose de soma. Carreira sen prolegómenos á calor abafante esquivándoos, coma se non existisen. Atraveso a feira en equilibrio aséptico seguindo unha liña de cor trazada no chan para que os da nosa caste non nos perdamos ou decidamos fuxir correndo... Unha muller nova ao meu carón descolga o móbil, "mentres non desperte non nos poden decir nada, nin saben se as secuelas serán de moita gravedad ou non, si, si, xa o sei, o ciruxano dixo que ao ser un rapaz novo, si, que ao ter catorce anos iso axudaba moito"... Nunha sala de espera, calor abafante.
De volta ao aire frío da noite inspiro a bocanada de soma dun extraño e entro en sídrome aguda de abstinencia. Fuxo.
Si, é certo, conservo dúas doses, gárdoas para cando ti te chames Jerry e eu Charlotte, gárdoas para que as prendas con estilo mentres eu che digo aquilo de "non pidamos a lúa, xa temos as estrelas".

Centenario de Bette Davis

O servizo postal estadounidense homenaxea deste xeito á grande loba no centenario do seu nacemento (1908-2008).