Páxinas

2009/09/28

O caso Polanski e a dobre moral

Polanski foi acusado de violación a unha menor tras uso de drogas, perversión e sodomía. Tras unha negociación co fiscal Polanski recoñeceu a súa culpabilidade dun cargo menor, o de ter relacións sexuais ilícitas cunha menor. Grazas a isto foi condenado en primeiro lugar a un período de reclusión de 90 días para lle realizar unha análise psiquiátrica que axudase ao xuíz a que determinase a sentenza final. Nese período concédeselle un permiso e foxe do país. Anos despois a agredida retira os cargos. Cambia iso os feitos?

Sempre e cando se respecte a legalidade estarei pola busca internacional de todos aqueles que cometen calquera tipo de delicto porque creo firmemente no proxecto dunha xustiza planetaria que non dea acubillo a quen non o merece.

Como persoa e maiormente como muller alégrome da detención de Polanski e condeno esa dobre moral que se lle está a aplicar a este caso polo feito de ser o agresor un persoeiro do mundo do cine e non vén a conto ese corporativismo mal entendido. Xa deberiamos ter superado cuestións tan básicas como esta de saber que a obra destacada dunha persoa non a libera das responsabilidades cívicas comúns a todos nós.

6 comentários:

Elianinha disse...

Por fin leo algo con sentido. Estiven buscando e rebuscando información sobre Polanski e a súa vida, a ver se era tan xustificable o que fixera, porque non daba crédito que ninguén dixese que era xusto que este home fose detido. En todas partes lía que xa se vía que era un señor respectable, e que xustificaba sobradamente o esquecemento de actos do pasado.
Pois a min tamén me parece que é de xustiza, por moi bo traballo que teña feito.

X disse...

Alégrome de que coincidamos. Saúdos.

bouzafria disse...

Outro máis. Súmese tamén Enric González en El País.
A lista dos defensores é infinita. Dame igual.

Anônimo disse...

A min tamén. Saúdos bouzafría.
X

SurOeste disse...

Sempre aborrecín aos aproveitados e aos pelotas. É un delincuente sexual convicto? Pois aplíqueselle a lei!

Bandini disse...

asisto asombrado a como defienden a polanski los mismo que atacan a los pedófilos del sagrado colegio cardenalicio, y los derechos de los animales y tal...
yo ya no entiendo nada.