Páxinas

2008/10/20

Hai que coidarse

Mentres sigo a pensar que faría se fose unha rica excéntrica, dosifico pílulas dun pouco de cine, un enterro, unha excursión por onde o navegador se perde e as visitas ao teu ordenador.
Procuro coidarme, é importante facelo, non si?

11 comentarios:

D.Rambaut dixo...

É ! madia levas¡


Daniel^^


pd: eu que "en vida" sempre fun un "rico excéntrico" estou tamén a maquinar como ser un "excéntrico rico". E íso que soaba fácil...¡¡

Peke dixo...

Pense, pense e logo díganos. E mentres tanto cóidese.

Anónimo dixo...

importante si que é (mire senón quen enterraron);-)

Veloso dixo...

Pequena confesión matinal: co gallo dun recente traslado, decateime de que tiña a miña casa convertida nunha auténtica farmacia. Había pílulas, xaropes e sobres de pós misteriosos como para resistir unha glaciación. Desfíxenme da maioría deles. Agora, simplemente procuro coidarme.

paideleo dixo...

Importante non...importantísimo !.
Graciñas polos bos desexos.

Torreira dixo...

Esa copa de pilulas si que é unha copa e non a que serven polos garitos.Apertas e a coidarse

Anónimo dixo...

Por suposto!

Raposo dixo...

Coidémonos!!

A Conxurada dixo...

Pois si...hai que coidarse, se un non mira por si...quen o vai facer?¿

D.Rambaut dixo...

¿cómo anda? Siga a coidarse pero non nos esquenza....
;-)


Daniel^^

Anónimo dixo...

Fermosa foto, ;)