Páxinas

2008/07/09

H.

Hoxe miña sobriña cumpriu seis anos.
A fortuna non foi benévola con ela.
Dous nenos nun baño. Un berro estarrecedor, un pai correndo, un Meu Deus! e un silencio eterno. Unha nai tentando marcar un número telefónico, a nena berrando, avós histéricos e en cuestións de segundos unha conversa relaxada derivara nunha manada de adultos entolecidos. Un accidente doméstico, un maldito despiste entre nenos, rematou con ela nun quirófano onde un cirurxián plástico tentaba salvar unha falanxe dun dos seus dediños miúdos.
Parabéns no teu aniversario querida H., ata hoxe non me dera conta de canto te quero.

18 comentarios:

paideleo dixo...

Ogallá que todo quede en nada.

Elianinha dixo...

Vaia, moita sorte.

Anónimo dixo...

ao final non foi nada, e todo isto acabará sendo un recordo que vdes lle repetirán cada aniversario. parabéns.

A Conxurada dixo...

Menudo susto tivéchedes que levar...por certo collo prestada a foto de non ás 65 horas.

fisiologus dixo...

si sólo fue un susto, felicidades para H.

Mr Tichborne dixo...

Agardo que a cativa xa estea ben. Que todo quedara niso, en susto.

Ghanito dixo...

Que medo da ler esta historia.

Un bico para a cativa :*

X dixo...

A verdade é que aínda hai que agardar un par de días para ver como responde. Grazas a tod@s pola súa presenza aí. Saúdos.

Anónimo dixo...

Que vaia todo ben (que seguro que si). Un biquiño.

folerpa dixo...

Boa sorte para a picariña.

From Hell dixo...

Chego ata aqui e leo as malas novas... síntoo moito. Que non sexa nada.
Saúde

Anónimo dixo...

mellor así, que quedase en (case) nada. Bicos para a cativa :)

X dixo...

Agora temos que agardar un mes para ver a evolución, eu teño esperanzas, creo que ao final todo vai saír ben. Supoño que estes sustos os levamos peor os que non temos fillos e non estamos afeitos aos perigos da infancia. Moitas grazas a tod@s.

Fer dixo...

Os nenos som filhos do vento, recuperam de todo.
Os meus pais lembram o susto que lhes dim de pequeno, rompim a cabeça e passei duas semanas em coma... e mira, nom passou nada :D

Anónimo dixo...

ciruxán plástico? demasiadas series de médicos.
traumatólogo/a.

gatina dixo...

Ay! pobrecina. Espero que todo haya salido bien.
Un beso para la peque y otro para ti.

X dixo...

Ao final conserva o dedo e o demais xa irá tomando forma co tempo. Moitas grazas a tod@s.

X dixo...

Fer, doulle a benvida á Selva.
:)