Páxinas

2008/06/24

Fai tres anos

Para comenzar imponse dar unha volta pola festa entre a xente, os tiros, os vendedores ambulantes, as tómbolas...
Otro boleto con suerte,
otro boleto premiado,
mire lo que le ha salido,
mire lo que le ha tocadooooo
le ha salidooooooooooooo
le ha tocadoooooooooooooo
le ha salidooooooooooooo
le ha tocadoooooooooooooo
un robot de cocina de última generación
pero qué suerte ha tenido
que buen regalo le ha tocado
jueguen señores
jueguen
Nada de ir cear a un restaurante, hoxe o menú manda tomar cucurucho de patacas fritas acabadiñas de facer.
Xente, xente... máis xente, milleiros de adolescentes insultántemente novos amosándolle as súas peles douradas e tersas ao verán.
Logo o ritmo, é o momento do concerto, aí está, magnífica, marabillosa, fascinante e incrible... Dulce Pontes. Como dun corpo tan fráxil poden saír sons tan poderosos? Os primeiros temas ela e o piano, ás veces un contrabaixo, non fai falta máis... jo, por que a vida non me deu unhas mans así, parece que só estivesen feitas para tocar cousas belas. Logo a voz vai adquirindo textura, imos a polos grandes temas onde non queda outra opción que unha admiración embelesada. Con ela catro músicos de negro rigoroso. Máis tarde innovadores momentos no seu repertorio, palabras inintelixibles nunha lingua descoñecida, sons guturais mesturados con danzas sinxelas mais subyugantes que nos trasladan a afastadas culturas mentres con brazaletes de axóuxeres nos nocellos marca ritmos que, por momentos, e sen saber por que me lembran escenas de cortexo e apareamento. E para rematar, como non, "Lela", a capela, ela e nós e claro, a bágoa, inevitable, emocionada.
Non me deixes
e ten compasión de min,
sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.
Para rematar a noite, o segundo pase dunha das mellores orquestras de Galicia, el, da terra, ela, importada dos EEUU pero con media vida aquí e cunha vozzzzzzzzzz, e cun tipoooooooo e cun baileeeeeeeeee e cunha marchaaaaaaaaaaaa
Ohhhhhhhh, la la lala, Ohhhhhhhhh lalalaaaaaaalalalaaa... grande Status Quo
e toquei guitarras eléctricas no aire dunha noite de verán na que aínda ulía á madeira queimada do San Xoán do día anterior.
If you want my body and you think i'm sexy
come on sugar let me know
if you really need me just reach out and touch me
come on honey tall me so
tell me so, baby.
Lega, legali zación la la la lalalá...
Salta, salta conmigo, digo saltaaaaaaa, salta conmigo lalalalalalalalalalalaaaa
Uúuuuuuu Uúuuuuuuuuuu nena, voy a ser una rock and rock star...
E amencemos nunha autovía.

2 comentários:

La queue bleue disse...

Como do dia anterior? Mas nom forom esta noite as fogueiras?

X disse...

Fai tres anos :D
Saúdos.