Páxinas

2006/11/25

Soñaron que eras ti

Estaba abrindo o portal cando apareceu dando a curva coas luces cara a min, podería ter sido o teu coche, durante uns segundos as meniñas cegas de mirar fixamente os faros soñaron que eras ti... entrei, púxenme cómoda e fumei rodeada do maldito silencio que esqueciches levar na maleta.
[Fotografía de Saudek: The cigar, 1993]

Um comentário:

llll disse...

encántame a cor e a textura desta foto. buscarei cousas relacionadas. obrigadinha.