Páxinas

2006/07/08

Fanta


Cando te vexo coller o vaso de cartón do asento e beber da miña Fanta faime graza, penso que é froito da túa abstracción polo filme. Desculpas educadas e sorriso.
Dúas semanas despois estás á miña esquerda ofrecéndome un vaso xigante de Fanta de laranxa. Agradecementos e dobre ración de sorrisos.
Á cuarta coincidencia sinto os teus dedos mollados no mar laranxa a explorar a miña boca.
Oito semanas e xa non me importa cal é a película, só verte aparecer cos dous vasos nas mans. Isto debería ser unha metrópole calquera e ti e mais eu habitantes perdéndose a tarde toda nun cine de sesión continua.
E un día sen sede borboriñaches ao meu oído o THE END.
[Twentieth Century Fox Trailer]


powered by ODEO

2 comentários:

oko disse...

a min a fanta, -e calquera outra bebida- cando mellor me sabe é cando a collo do vaso do outro. aínda que teña a miña diante!!!

X disse...

Xa o di o refraneiro: A vaca da miña veciña sempre dá mellor leite que a miña.