Páxinas

2011/03/16

WANTED


Búscase Robinson dunha illa na que sempre se estaba ben e que quedou deserta no medio da Selva.
Tamén atende ao nome de Kaplan.
Visto por última vez o 14/03/2011.
Agradecerase calquera tipo de información.
Non se establece tipo ningún de recompensa por respecto á vontade do desaparecido.
Se le esta mensaxe, volva!

2011/03/03

Campaña de animación á lectura 83 - Na escaleira



Mr Tichborne fixo os deberes ben feitiños, e a falta dunha foto, fixo dúas, creo que nesta avaliación merece unha bota nota pola aplicación. Vostedes dirán.

2011/02/22

Campaña de animación á lectura 82

Fotografía de Tina Modotti, 1928.

Ante os acontecementos importantes nunca nos fiamos dos demais e precisamos ver cos nosos propios ollos o papel, aínda que non saibamos ler.

2011/02/20

Voyeur

Ilustración de Paula Marco.

Estableces as túas regras, exhíbeste ata onde queres e condénasme a simple voyeur, nun papel submiso onde o dereito á palabra me está vedado. Non podo decidir, nin reclamar, nin opinar, nin tan sequera pedir. E eu, sempre rebelde, asumo agora obediente, e colócome no único lugar que me está permitido, embriagándome do pracer de ver esa parcela mínima que da túa realidade me amosas.