"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra." K. Kavafis
2007/02/27
De bicos doces a bocas acedas
E eu volvo en min arredando frías estatísticas e tento razoar que hai entre aquela primeira vez inicio xermolador de roces amantes e esta primeira vez final de alento de vida. Por que o empeño de converter aquelas bolboretas no estómago con te albiscar de lonxe no estarrecemento da alma ao te presentir perto? Por que mudar bicos doces por bocas acedas? Por que mancillar mans de seda en pulsos tercamente retortos? Por que denigrar a mutua compaña fiel en obxecto-posesión material en exclusiva? Por que sempre fica un agresor en presente e unha vítima en pasado? Un agresor en masculino e unha vítima en feminino.Acordo e volvo ler, sempre para non esquecer, a voz preñada de realidade de Medos Romero:
Asinoute sombra de seu.
Este sería o teu único nome,
Sombra.
Por iso ao caer na rúa
aquela tarde,
sóubote en verdade
enteiramente súa.
Texto de Mercedes Queixas vía GZnación.
2007/02/25
2007/02/24
As miñas mellores portadas da ASME
2007/02/23
Oleguer
Kelme rescindiu o contrato co futbolista a raíz do seu posicionamento público a favor de De Juana Chaos, vese que non incluíra a cláusula de secuestrar a súa liberdade de expresión. Non sei se será legal o que fixo Kelme, agora moi lícito non parece que sexa.Hai voces que aínda os cartos non poden calar.
Fotografía de Jordi Cotrina.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











