Ordenando, ordenando, dei con este meme pendente desde outubro de 2006 e decidín que xa era tempo de quitarlle o po, completar un par de números que faltaban e convidalos a xogar. Obxectivo, 10 olores, que arrecedan ou cheiren segundo desde onde lean, pero que dean conta dese que seica é o noso sentido máis primario.
1. Mar de inverno, o arrecendo que de súpeto percibes como unha labazada cando te achegas.
2. Sexo, a mestura fantástica de olores múltiples que queda nos corpos e nas sabas.
3. O interior dos libros, dos vellos e dos moi novos tamén.
4. Perfumes, moitos perfumes diferentes, gústame a sensación que produce ulir o perfume doutra persoa.
5. Moussel de Legrain.
6. Terra mollada.
7. Igrexas.
8. Castañas asadas.
9. Tabaco, poden ser diferentes tipos de tabaco, algún tabaco aromático de pipa ou un daqueles meus cigarros.
10. Lixivia.

Agora tócalles a vostedes.
Vía A maliña de Lugo.